BIDEFORD 04/10 – Museum and Laser Tag!

Ola a todos!

Martes día catro, dentro de pouco comezará a conta atrás… Pero polo de agora, só queremos pensar en divertirnos e exprimir os días ao máximo. Hoxe, ao rematar de xantar, achegámonos ata o Burton Art Gallery and Museum, en Bideford, onde puidemos comtemplar obras de arte, coñecer a cultura local e xogar a un entretido xogo no museo.

img_20161004_134153 img_20161004_134208 img_20161004_134424

Pero a mellor parte da tarde esperábanos en Barnstaple, xa que tiñamos reservada unha sesión de laser tag!!!! Desafortunadamente, non temos fotos do momento, xa que non se podían facer, pero o que conta é o recordo que levaremos connosco. Para os que non saibades en que consiste ese xogo, consiste nun combate entre dous equipos, armados con pistolas que funcionan con infravermellos, nunha sala con obstáculos e luces de cores.laser-tag2Ademais, algúns de nós tamén quixemos cantar no karaoke, bailar nas máquinas recreativas, xogar ao billar, ao futbolín…

img_20161004_162605 img_20161004_162238 img_20161004_162616

Foi un día redondo, con actividades culturais e moita diversión. A ver que nos espera o día de mañá. Parece que vai facer bo tempo e que, por iso, aproveitaremos para ir a practicar xogos na praia.

Deica mañá, familias!

BIDEFORD 03/10 – Big Sheep!

Ola familias!

img_20161003_160428

Cartel do parque

Esta semana non podería ter comezado de mellor maneira! Resulta que a tan só 20 minutos andando desde o instituto, hay un parque de atraccións no que a granxa é o tema principal. Chámase Big Sheep, que se podería traducir como “Gran ovella”. Se premedes aquí poderedes acceder á páxina web do parque.

A ida fixémola en autobús, para aproveitar o tempo ao máximo. Estivemos alí desde que rematamos de comer ata as 17:00. Toda unha tarde de acción, adrenalina e animáis domésticos adorables: ovellas, coellos, porquiños, cordeiros, cabras…

img_20161003_135141_opt

A verdade é que nos pareceu que é unha boa forma de combinar a riqueza cultural da zona, cun espazo de entretemento para toda a familia. No parque puidemos gozar de atraccións como as que se ven nas fotos e algunhas máis, ademais de espectáculos nos que participaban as ovellas, como unha carreira de ovellas!

img_20161003_145639

Lembrade que na Galería de fotos  podedes acceder a máis fotografías das actividades que realizamos. As que publicamos no blog son só para ir abrindo boca…

img_20161003_142928img_20161003_151605_opt img_20161003_153052_opt

img_20161003_134852

Reunímonos para volver ás nosas casas e, esta vez, fomos no coche de San Fernando ata a parada do bus de Bideford Quay, a que collemos tódolos días. Un agradable paseo de 20 minutos pola natureza. Aínda que, non quero mentir, algúns dos estudantes estaban bastante cansados despois dunha xornada tan intensa.

img_20161003_172915_optA ver que nos espera o mércores xa que, aparentemente fará tamén bo día e vai haber un cambio de plans. Cal será o plan misterioso?

Ata logo, familias!!

BIDEFORD 01/10 – Excursión a Exmouth!

Ola familias!

Este sábado tivo lugar a nosa segunda excursión longa. Como xa sabedes, durante a semana hai certos días que facemos pequenas saídas nas que nos achegamos pola tarde ata poboacións veciñas, como Appledore, Instow, Barnstaple… Porén, os sábados facemos excursións que duran todo o día. Hoxe fomos a Exmouth, unha cidade ao sur de Devon que é bastante grande en comparación coas demáis vilas da rexión.

Debido a obras na vía do tren, tivemos que dividir en dous tramos o traxecto: primeiro collimos o bus e, despois, en tren ata o noso destino.

01-oct-exmouth-durmiendo-en-el-bus

Espertar cedo na fin de semana debería estar prohibido.

01-oct-exmouth-vanja-con-dinosaurios

Vanja cos primeros dinosauros que vimos.

Exmouth é unha fermosa cidade costeira con varias atraccións turísticas. Actualmente, hai unha exposición de dinosauros pola cidade. Como é normal, lembrounos ao noso querido Dinoseto. En total, aquí había 33 dinosauros de distintas especies agochados polos principais espazos de Exmouth: parques, prazas, praias, árbores, etc. Nós non logramos atopalos todos, pero aínda fomos quen de ver uns poucos.

Unha nube gris ameazaba a nosa mañá pero, por sorte, só sufrimos cinco minutos de chuvia intensa e o resto do día tivemos un tempo soleado (aínda que algo ventoso ao lado da praia).

01-oct-exmouth-grupal-playa

Todos xuntos fronte a praia

Antes de comer, fixemos un último esforzo, camiñamos polo paseo marítimo e subimos ata os acantilados que forman parte da Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2001. Estamos a falar dun total de 153 km  de formacións rochosas, nas que se atopan fósiles que nos contan a historia do lugar remontándonos ata 185 millóns de anos atrás.

01-oct-exmouth-grupal-acantilado_opt

Aproveitamos as fermosísimas vistas para facer moitísimas fotos. Compartirei nesta entrada algunhas delas, pero lembrade que podedes acceder ao álbum completo na carpeta de Flickr de Newlink.

01-oct-exmouth-poses-en-el-acantilado-6

Pepe, Yeray e Sergio

01-oct-exmouth-poses-en-el-acantilado-5

Julia

01-oct-exmouth-poses-en-el-acantilado-4

Antía

Logo diso, comimos o noso packed lunch e puxemos rumbo ao centro para xogar a unha Scavenger Hunt e conseguir tempo libre. Canto antes rematásemos o xogo, antes poderiamos gozar do noso tempo libre pola cidade. Aquí podedes ver ao grupo gañador, composto por Carla, Nerea e Julia. O seu premio foi unha bolsa de doces e unha hora e media de tempo libre.

01-oct-exmouth-ganadoras_opt

A verdade é que tódolos grupos  participaron de maneira activa e ofreceron respostas creativas. A proba consistía en sacarse selfies en distintos puntos da cidade. Aquí podedes ver ao segundo grupo en rematar, formado pos Aida, Vanja, Antía e Claudia.

01-oct-exmouth-segundo-puesto_opt

Foi un día entretido no que seguimos descubrindo a rexión onde vivimos esta experiencia da que xa levamos gozando 10 días. Mañá toca descansar moito e facer plans coas nosas respectivas familias. A ver que nos teñen preparado! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá a todos!!

BIDEFORD 30/10 – Atlantic Village e Bideford!

Ola de novo, familias!

Por fin venres, o último día de clases da semana. O máis común sería que estivesemos como tolos ante a idea de non ter que asistir a clase, pero a verdade é que aquí ir ao instituto non é como na casa… Gústanos pasar tempo cos nosos buddies e a rutina de ir ao Bideford College, un lugar con espazos cómodos para relacionarse con estudantes locais e onde nos sentimos moi ben recibidos tanto polos compañeiros como polos profesores e demais persoal que traballa aquí. A continuación podedes ver unha foto da ampla e moderna biblioteca do centro, con ordenadores, sillóns modulares e infinidade de libros e revistas interesantes e actualizados.img_20161003_120119

Despois de comer os nosos packed lunch, collemos un autobús e puxemos rumbo á Atlantic Village. Trátase dunha área principalmente comercial que se atopa moi preto de Bideford. De novo, conseguimos que as monitoras nos deran algo de tempo libre para descubrir pola nosa conta a zona. Moitos de nós xogamos ao tenis de mesa, outros fomos de compras ou a visitar as distintas tendas do centro comercial.

Logo diso, regresamos a Bideford e puidemos explorar por esta cidade. Se vos parades a pensar, en Bideford imos ao instituto, pero polo de agora nunca pasearamos nin un ratiño polas súas rúas, poola súa ponte, nin tiveramos tempo para visitar a súa igrexa:

 img-20160930-wa0026 img-20160930-wa0033

Despois de coñecer a cidade onde está a nosa base principal, regresamos á casa para cear coas nosas familias e descansar para o día seguinte.

Xa volveremos con máis novas mañá, familias. Deica mañá!

BIDEFORD 29/09 – Games evening!

Bo día, familias!

Esta entrada non será tan extensa como a dos pasados días, porque a tarde de hoxe foi un tanto diferente. Aínda non sabedes por que? Porque por fin chegou a tarde que levabamos agardando desde o primeiro día. Por fin tivemos unha tarde libre para andar ao noso aire pola vila de Barnstaple!!

Trala cea, reunímonos todos no Fremington Parish Hall para participar na noite de xogos, a “Games Evening”. Aquí vos deixo unha foto para que vexades as nosas caras durante o descanso entre xogo e xogo. Entendédeo, era necesario parar para repostar antes de continuar coa velada…

29-sept-games-evening-grupal

Descansando para retomar as actividades!

Unha competición emocionante entre dous equipos que consistiu en carreiras de relevos, adiviña quen son, xogos de imitación, habilidade, memorización, caras pintadas… Pasámolo ben e corremos un pouco, que xa nos cumpría.

Con estas imaxes, despedímonos ata o próximo día.

29-sept-games-evening-2229-sept-games-evening-8 29-sept-games-evening-14 29-sept-games-evening-1529-sept-games-evening-24

See you soon!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

BIDEFORD 28/09 – Westward Ho!

Nova entrada, familias!

Hoxe, 28 de setembro foi un día diferente. A actividade da tarde consistiu en ir a Westward Ho! (premede no nome da vila para acceder á páxina da oficina de turismo). img_20160928_140945Si, o nome desta poboación costeira é Westward Ho!, cunha admiración ao final. A verdade é que ten unha historia curiosa: a vila foi creada e bautizada e hai relativamente pouco tempo, a partir do título dunha novela (enlace) de piratas de Charles Kingsley, traducida ao castelán como ¡Rumbo a Poniente! (aquí poderán atopar un artigo moi interesante que fala sobre a obra). “Westward Ho!” era a expresión empregada polas personaxes para dirixirse a esa zona.img_20160928_163627

Unha vez alí puidemos comprobar que se trata dunha zona perfecta para practicar surf xa que, a pesar de ser un día gris, a praia estaba repleta de surfistas intentando coller as mellores ondas. Ademais de ver a praia de cantos rodados e as pintorescas vivendas que confeccionan unha paisaxe única, tamén tivemos a oportunidade de ir a un parque de atraccións.

img_20160928_141707

Na entrada do parque

No parque de atraccións Amy, a nosa monitora da organización local, deunos a posibilidade de elixir entre dúas actividades: Minigolf Pirata ou Go Karts, así que tivemos que dividirnos en dous grupos (polo momento non dispoño de fotografías das golfistas).  Aquí podedes ver ao grupo ao que lle gusta a velocidade:

img_20160928_144903

Non había karts suficientes para os 9 que iamos a queimar pneumático, polo que nos dividimos en dúas carreiras.

img-20160928-wa0031

img_20160928_142935

Por sorte ou por desgraza, tralas actividades, o destino quixo obsequiarnos cun tempo tipicamente inglés, polo que fomos ao salón de xogos a resgardarnos da choiva ata que escampase. O certo é que alí pasámolo moi ben e conseguimos moitísimos tíckets.img_20160928_154742

img_20160928_155659 img_20160928_160030_1

E con estas imaxes remata esta nova entrada do blog. Mañá fará unha semana que estamos en Bideford, vivindo coas nosas familias anfitironas, relacionándonos con rapaces e rapazas da nosa idade cos que compartimos moitas cousas en común a pesar das diferencias culturais.

Unha semana de emocións, inmersión cultural e lingüística, novos amigos e amigas, novas experiencias, novos coñecementos, superación de medos e retos, desenvolvemento persoal, maduración, autonomía… Esta viaxe é probablemente a primeira da lista; unha lista que nos axudará a percatarnos de que o mundo é máis pequeno do que parece e que poderemos lograr todo canto nos propoñamos. Só precisamos determinación, unha actitude tolerante e respectuosa e moito traballo para facer que o vento da sorte sopre no noso favor.

Con esta reflexión despedímonos ata mañá, familias!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

BIDEFORD 27/09 – Visita a Appledore!

Ola de novo, familias!

Xa é martes 27 de setembro! Hai que ver o rápido que pasa o tempo… Nestes días xa se pode dicir que estamos adaptados practicamente a tódolos aspectos de vivir aquí: os horarios para almorzar, xantar e cear, os autobuses, a ruta a pé desde a parada do bus ata a casa, o paseo ata o Bideford College, etc. Cando nos queiramos dar conta, xa terán rematado as tres semanas de estancia!

A continuación vou incluír un mapa para que vos fagades unha idea da zona onde estamos vivindo os trece. A idea é que grazas a este bosquexo poidades facervos un mapa mental para comprender con facilidade a área na que nos estamos movendo:

mapa-onde-vivimos

Por se non ledes con claridade o texto insertado na imaxe: as poboacións subliñadas en cor vermella (Bideford, Instow, Fremington, Bikington e Barnstaple) é onde vivimos e a ruta marcada en azul é a que fai a nosa liña de bus, o número 21, que pasa cada 10 minutos. A verdade é que non ten perda e trátase dunha zona segura.

Volvamos ao tema: que fixemos no día de hoxe?

As nubes ameazaban choiva, aínda que cun pouco de sorte, non tan forte como a do luns. Por iso, decfidimos quedar no centro para comer os nosos packed lunch. Esta vez non inmortalizamos o momento, pero podédesme crer se vos digo que é un primor velos a todos cos seus uniformes descubrindo o que lles mandou a familia para comer. Próbano sempre todo, comparten algúns snacks, intercambian bocadillos… Sempre hai unha aura de emoción que nos rodea á hora do xantar.

img_20160927_150136

Sergio atendendo á explicación dun vídeo

A actividade desta tarde consistiu en achegarnos ata unha encantadora poboación veciña chamada Appledore (premede no nome da vila para atopar máis información). É unha vila mariñeira que aínda mantén un asteleiro en funcionamento dos varios que adoitaba haber noutros tempos.Alí, visitamos o museo marítimo North Devon Maritime Museum, onde  nos atopamos cunha amable e entusiasta guía que adica os seus días a informar aos viaxeiros e a profundar máis na investigación sobre o valioso papel de Appledore na historia da Inglaterra. Ela amosounos o que as 6 habitacións principais do museo agochan e explicounos o seu contido: duenos datos curiosos sobre os barcos de madeira e de aceiro que se constrúen e construíron na vila, a relación da mesma coa Armada Invencible, coa Segunda Gerra Mundial, etc.

img_20160927_142723_opt

Antes de entrar ao museo

img_20160927_153028

Nas escaleiras do museo

Tivemos a sorte de poder subir á zona de investigación do museo, normalmente pechada ás visitas.

img_20160927_153139

Na tenda do museo

 Alí puidemos ver varios mapas que foron donados á colección do museo e escoitar unha anécdota sobre cando o Príncipe Carlos de Gales foi de visita a ese mismo lugar por onde estabamos camiñando. Á saída, algúns de nós mercamos un recordo da visita na tenda do museo.

Percorremos parte do paseo marítimo, moi agradable a pesar da falta de sol e algúns de nós probamos os xeados artesanais da zona.

img_20160927_155210_opt

Cara especial para enmarcar

Finalmente, regresamos a Barnstaple, onde tivemos algo de tempo libre antes de volver ás nosas casas para ir a cear. Hoxe foi un bo día, veremos como se presentará o mércores.

Familias, espero que estas entradas no blog vos estean resultando útiles ou, cando menos, interesantes!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá!

BIDEFORD 26/09 – Cream tea!

Bo día, familias!

O luns foi o noso segundo día de clase. Ás 8:30 reunímonos cos nosos buddies, na recepción do instituto e asistimos a unha asemblea moi interesante que tivo lugar no salón de actos. Nesa reunión trataron de concienciarnos sobre os perigos e as consecuencias que o sexting e un mal uso das redes sociais poden traer consigo, xa que poden repercutir no noso presente e futuro tanto a nivel persoal como profesionalmente.

Despois diso, fomos todos a clase. Preguntarédevos a que materias asistimos aquí, pois ben, cada un de nós vai a clases diferentes, dependendo dos buddies que nos asignaron. Durante a nosa estancia aquí, asistiremos ás mesmas clases ca os nosos colegas ingleses. Matemáticas, xeografía, inglés, física, química, bioloxía, informática, historia e socioloxía, son algúns exemplos das materias que estudiaremos mentres estamos aquí. Tamén asistimos a clase de castelán, onde temos a oportunidade de axudar aos buddies, xa que están aprendendo unha das nosas linguas maternas e precisan que lles botemos unha man con cuestións como a pronunciación.

Ás 12:30 tocou xantar. Comemos os nosos packed lunch que, de novo, parecían caixas sorpresa. Hoxe fixémolo dentro da escola, xa que a intensa choiva non permitía outra opción. 26-sept-lunch-cole-2

Como moitos de vós xa saberedes, esta semana, aínda que trouxo consigo nubarróns cargados de choiva, tivo un comezo moi, pero que moi doce. Por que? Porque pola tarde, achegámonos ata Instow, onde puidemos probar un aperitivo tipicamente inglés, máis en concreto, típico da rexión de Devon: cream tea!

img-20160926-wa0007

Cream tea

O cream tea, consiste en té con leite acompañado por uns doces chamados scones, que se deben servir morniños, como acabados de saír do forno, e que se comen untados con clotted cream (unha especie de nata moi espesa) e marmelada de amorodo.

26-sept-cream-tea-5-grupal

Todos tomando cream tea

Fixemos un concurso de preguntas sobre datos curiosos relacionados con esta tradición de tomar té. Despois, aproveitamos que escampou para dar un paseo polo paseo marítimo de Instow. Aquí deixamos algunhas fotos grupais:

26-sept-instow-2 26-sept-instow-3 Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá máis e mellor. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá familias!

BIDEFORD 25/09 – Domingo en familila

Hello!

img-20160926-wa0026

Paseo que fixo Nerea coa súa familia

Hoxe foi o noso primeiro domingo en Inglaterra. Por fin tivemos tempo para estreitar lazos coas nosas familias anfitrionas. Cada unha tiña un plan diferente preparado para nós. Algúns fomos a pasear as nosas mascotas, outros fomos pola praia, a outros leváronnos ao parque de atraccións Milky Way.

img-20160926-wa0020

Aquí é onde José Manuel xogou ao fútbol

Tamén xogamos ao fútbol cos nosos “irmáns”, axudamos a facer a compra semanal (algo que lles permitiu ás familias asegurarse dos nosos gustos). Moitos fomos de excursión ata poboacións veciñas, como Lynmouth, Lynton ou Clovelly. A continuación podedes comprobar por vós mesmos a gran beleza das paisaxes que nos rodean (e o bo tempo que nos acompaña por agora, inda que parece que pronto cambiará a nosa sorte).

Deixámosvos con algunhas das fotos que fixemos este domingo. Deica o luns!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

img-20160926-wa0010

Esta foto que parece unha postal foi tomada por Iván desde Lynton, con vistas a Lynmouth.

img-20160926-wa0021

Foto tomada desde Lynmouth

img-20160926-wa0023

Praia de cantos rodados en Lynmouth

img-20160926-wa0022

Lynmouth

img-20160926-wa0025

Explorando a natureza

img-20160926-wa0012

Verdísima paisaxe fotografada por Iván. É como estar na casa.

BIDEFORD 24/09 – De excursión a Exeter!

Ola familias!

O sábado fomos de excursión a Exeter! Unha das cidades máis antigas de Gran Bretaña. O día comezou de marabilla, xa que ao non ter que ir ao instituto non precisamos madrugar tanto. Durmir esas horiñas de máis sentounos moi ben para rematar de adaptarnos ao horario desde país. Tras un almorzo completo, as nosas familias acompañáronnos ata a parada de autobús, onde nos montamos no 21 dirección Barnstaple. Por que regresamos a esta cidade? Fácil, porque aí é donde está a estación de tren e este é o medio de transporte que empregariamos para chegar ao noso destino. Cómpre dicir, que o tren ía abarrotado, ata o punto de que non todos atopamos sitio onde sentarnos. Menos mal que o traxecto era curto!

24-sept-exeter-grupal-bandera_opt

Aquí podedes ver a muralla que durante centos de anos bordeou Exeter

Unha vez en Exeter, cos nosos suadoiros vermellos, visitamos un museo próximo a estación, o Royal Albert Memorial Museum. Por parellas ou en grupos de tres, fomos completando un quiz a medida que avanzabamos polas diferentes salas, cheas de obxectos moi variados de diferentes autores e dos catro puntos cardinais. Ao final, o grupo co maior número de respostas correctas conseguiu un premio moi doce.

24-sept-exeter-having-lunch-caras-raras_optTrala visita estabamos mortos de fame, así que adiantamos media horiña a comida, porque o primeiro é o primeiro e co estómago baleiro non se pode gozar dunha visita turística. Coma sempre, o momento de abrir os packed lunch e a emoción de descubrir o que nos mandaron as familias non ten prezo. Puidemos probar patacas fritas de distintos sabores, bocadillos variados… Pese ás caras que puñamos no primeiro contacto coa comida, rematámolo todo e comimos moi ben.

A continuación fixemos un tour pola cidade e visitamos sitios curiosos, coma os restos da torre onte tivo lugar a derradeira condena a morte dunha bruxa en toda Inglaterra.

24-sept-exeter-grupal-torre_optTamén camiñamos pola rúa máis estreita do mundo, chamada Parliament Street. Só cabiamos de un en un!24-sept-exeter-la-calle-mas-estrecha-del-mundo_opt

Ademais, Amy levounos ao lugar de onde J. K. Rowling tirou a inspiración para crear a Travesa Diagón, que aparece no libro de Harry Potter.24-sept-exeter-dos-en-el-callejon

Finalmente, establecemos o punto de encontro fronte á preciosa catedral de Exeter e tivemos tempo libre para explorara a cidade, facer compras e tirar mil fotografías, como esta, moi orixinal, onde aparecen tódalas rapazas na plaza da catedral.
24-sept-exeter-catedral-solo-chicas

Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá será domingo, o día de quedar coas familias e ver que plan nos teñen preparado. O luns volveremos con máis novas para mantervos informados. Unha aperta e deica o luns!