BIDEFORD 30/10 – Atlantic Village e Bideford!

Ola de novo, familias!

Por fin venres, o último día de clases da semana. O máis común sería que estivesemos como tolos ante a idea de non ter que asistir a clase, pero a verdade é que aquí ir ao instituto non é como na casa… Gústanos pasar tempo cos nosos buddies e a rutina de ir ao Bideford College, un lugar con espazos cómodos para relacionarse con estudantes locais e onde nos sentimos moi ben recibidos tanto polos compañeiros como polos profesores e demais persoal que traballa aquí. A continuación podedes ver unha foto da ampla e moderna biblioteca do centro, con ordenadores, sillóns modulares e infinidade de libros e revistas interesantes e actualizados.img_20161003_120119

Despois de comer os nosos packed lunch, collemos un autobús e puxemos rumbo á Atlantic Village. Trátase dunha área principalmente comercial que se atopa moi preto de Bideford. De novo, conseguimos que as monitoras nos deran algo de tempo libre para descubrir pola nosa conta a zona. Moitos de nós xogamos ao tenis de mesa, outros fomos de compras ou a visitar as distintas tendas do centro comercial.

Logo diso, regresamos a Bideford e puidemos explorar por esta cidade. Se vos parades a pensar, en Bideford imos ao instituto, pero polo de agora nunca pasearamos nin un ratiño polas súas rúas, poola súa ponte, nin tiveramos tempo para visitar a súa igrexa:

 img-20160930-wa0026 img-20160930-wa0033

Despois de coñecer a cidade onde está a nosa base principal, regresamos á casa para cear coas nosas familias e descansar para o día seguinte.

Xa volveremos con máis novas mañá, familias. Deica mañá!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *