BIDEFORD 01/10 – Excursión a Exmouth!

Ola familias!

Este sábado tivo lugar a nosa segunda excursión longa. Como xa sabedes, durante a semana hai certos días que facemos pequenas saídas nas que nos achegamos pola tarde ata poboacións veciñas, como Appledore, Instow, Barnstaple… Porén, os sábados facemos excursións que duran todo o día. Hoxe fomos a Exmouth, unha cidade ao sur de Devon que é bastante grande en comparación coas demáis vilas da rexión.

Debido a obras na vía do tren, tivemos que dividir en dous tramos o traxecto: primeiro collimos o bus e, despois, en tren ata o noso destino.

01-oct-exmouth-durmiendo-en-el-bus

Espertar cedo na fin de semana debería estar prohibido.

01-oct-exmouth-vanja-con-dinosaurios

Vanja cos primeros dinosauros que vimos.

Exmouth é unha fermosa cidade costeira con varias atraccións turísticas. Actualmente, hai unha exposición de dinosauros pola cidade. Como é normal, lembrounos ao noso querido Dinoseto. En total, aquí había 33 dinosauros de distintas especies agochados polos principais espazos de Exmouth: parques, prazas, praias, árbores, etc. Nós non logramos atopalos todos, pero aínda fomos quen de ver uns poucos.

Unha nube gris ameazaba a nosa mañá pero, por sorte, só sufrimos cinco minutos de chuvia intensa e o resto do día tivemos un tempo soleado (aínda que algo ventoso ao lado da praia).

01-oct-exmouth-grupal-playa

Todos xuntos fronte a praia

Antes de comer, fixemos un último esforzo, camiñamos polo paseo marítimo e subimos ata os acantilados que forman parte da Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2001. Estamos a falar dun total de 153 km  de formacións rochosas, nas que se atopan fósiles que nos contan a historia do lugar remontándonos ata 185 millóns de anos atrás.

01-oct-exmouth-grupal-acantilado_opt

Aproveitamos as fermosísimas vistas para facer moitísimas fotos. Compartirei nesta entrada algunhas delas, pero lembrade que podedes acceder ao álbum completo na carpeta de Flickr de Newlink.

01-oct-exmouth-poses-en-el-acantilado-6

Pepe, Yeray e Sergio

01-oct-exmouth-poses-en-el-acantilado-5

Julia

01-oct-exmouth-poses-en-el-acantilado-4

Antía

Logo diso, comimos o noso packed lunch e puxemos rumbo ao centro para xogar a unha Scavenger Hunt e conseguir tempo libre. Canto antes rematásemos o xogo, antes poderiamos gozar do noso tempo libre pola cidade. Aquí podedes ver ao grupo gañador, composto por Carla, Nerea e Julia. O seu premio foi unha bolsa de doces e unha hora e media de tempo libre.

01-oct-exmouth-ganadoras_opt

A verdade é que tódolos grupos  participaron de maneira activa e ofreceron respostas creativas. A proba consistía en sacarse selfies en distintos puntos da cidade. Aquí podedes ver ao segundo grupo en rematar, formado pos Aida, Vanja, Antía e Claudia.

01-oct-exmouth-segundo-puesto_opt

Foi un día entretido no que seguimos descubrindo a rexión onde vivimos esta experiencia da que xa levamos gozando 10 días. Mañá toca descansar moito e facer plans coas nosas respectivas familias. A ver que nos teñen preparado! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá a todos!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *