BIDEFORD 24/09 – De excursión a Exeter!

Ola familias!

O sábado fomos de excursión a Exeter! Unha das cidades máis antigas de Gran Bretaña. O día comezou de marabilla, xa que ao non ter que ir ao instituto non precisamos madrugar tanto. Durmir esas horiñas de máis sentounos moi ben para rematar de adaptarnos ao horario desde país. Tras un almorzo completo, as nosas familias acompañáronnos ata a parada de autobús, onde nos montamos no 21 dirección Barnstaple. Por que regresamos a esta cidade? Fácil, porque aí é donde está a estación de tren e este é o medio de transporte que empregariamos para chegar ao noso destino. Cómpre dicir, que o tren ía abarrotado, ata o punto de que non todos atopamos sitio onde sentarnos. Menos mal que o traxecto era curto!

24-sept-exeter-grupal-bandera_opt

Aquí podedes ver a muralla que durante centos de anos bordeou Exeter

Unha vez en Exeter, cos nosos suadoiros vermellos, visitamos un museo próximo a estación, o Royal Albert Memorial Museum. Por parellas ou en grupos de tres, fomos completando un quiz a medida que avanzabamos polas diferentes salas, cheas de obxectos moi variados de diferentes autores e dos catro puntos cardinais. Ao final, o grupo co maior número de respostas correctas conseguiu un premio moi doce.

24-sept-exeter-having-lunch-caras-raras_optTrala visita estabamos mortos de fame, así que adiantamos media horiña a comida, porque o primeiro é o primeiro e co estómago baleiro non se pode gozar dunha visita turística. Coma sempre, o momento de abrir os packed lunch e a emoción de descubrir o que nos mandaron as familias non ten prezo. Puidemos probar patacas fritas de distintos sabores, bocadillos variados… Pese ás caras que puñamos no primeiro contacto coa comida, rematámolo todo e comimos moi ben.

A continuación fixemos un tour pola cidade e visitamos sitios curiosos, coma os restos da torre onte tivo lugar a derradeira condena a morte dunha bruxa en toda Inglaterra.

24-sept-exeter-grupal-torre_optTamén camiñamos pola rúa máis estreita do mundo, chamada Parliament Street. Só cabiamos de un en un!24-sept-exeter-la-calle-mas-estrecha-del-mundo_opt

Ademais, Amy levounos ao lugar de onde J. K. Rowling tirou a inspiración para crear a Travesa Diagón, que aparece no libro de Harry Potter.24-sept-exeter-dos-en-el-callejon

Finalmente, establecemos o punto de encontro fronte á preciosa catedral de Exeter e tivemos tempo libre para explorara a cidade, facer compras e tirar mil fotografías, como esta, moi orixinal, onde aparecen tódalas rapazas na plaza da catedral.
24-sept-exeter-catedral-solo-chicas

Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá será domingo, o día de quedar coas familias e ver que plan nos teñen preparado. O luns volveremos con máis novas para mantervos informados. Unha aperta e deica o luns!

BIDEFORD 23/09 – Primeiro contacto e visita a Barnstaple

Ola, familias!

Hoxe foibus-21 un día moi completo, tanto en actividades como en emocións. A xornada comezou moi cedo, cando tivemos que coller, a maioría de nós, o autobús número 21 para ir ao instituto. Si, é un autobús con dúas plantas, coma os que se ven nas películas. A verdade é que nos parece cómodo ir na parte de arriba.

Sobre as 8:30 xa estabamos todos na recepción do instituto, elegantísimos (e guapísimos!) e listos para coñecer aos nosos buddies, os compañeiros e compañeiras que nos guiarán, axudarán e compartirán connosco mil e unha historias durante as próximas semanas. O centro é enorme, ten varias plantas, cafetería, patio, unha biblioteca moi moderna e múltiples espazos abertos onde os estudantes poden socializar, descansar, traballar en equipo, etc. A verdade é que pinta moi, pero que moi ben. Por fin, subimos a unha aula de idiomas e a profesora asignounos un buddie a cada un… Agora si que comeza a experiencia!

23-sept-having-lunch

Tras unha mañá de clases variadas, marchamos do Bideford College. Fomos comer os nosos packed lunch ao Bideford Quay, gozando das vistas e do solciño que todavía nos alegra os días. Descubrir a comida que nos mandara a familia foi como abrir una caixa sorpresa, fixémolo coa mesma emoción, aínda que con algo de desconfianza… Tras algúns intercambios de bocadillos, por ingredientes que non nos chistaban demasiado, pódese dicir que foi moito mellor do esperado. Todos comemos moi ben e non quedamos con fame nin a desgusto.

23-sept-barnstaplebandera-de-vigoA actividade da tarde consistiu en achegarnos ata Barnstaplelocalidade veciña de Bideford onde pasaremos bastante tempo a partir de agora. O principal obxectivo desta tarde consistiu nun tour de orientación pola cidade, para familiarizarnos con ela, e en aprender a utilizar os buses, saber cal será a nosa parada a partir de agora. (Por certo, este punto farásenos moi sinxelo, xa que só hai un autobús que debamos coller, o número 21, tanto para ir ao instituto en Bideford, como para ir a Barnstaple e á casa.) Unha vez en na cidade que estabamos visitando, vimos a torre do reloxo, o Albert Clock, onde fixemos unha fotografía grupal.

Atopamos a primeira cabina telefónica vermella, tan típica no Reino Unido, e non quixemos evitar inmortalizar o momento. Por exemplo, aquí podedes ver unha foto dos rapaces:
23-sept-barnstaplesolo-chicos

Nesta visita puidemos comprobar que se trata dunha localidade chea de historia e de sitios cun aura especial, coma o Pannier Market, un mercado dun tamaño considerable que cambia cada día a súa oferta: se hoxe ves algo que che entre polos ollos, non podes esperar ao día seguinte para mercalo!

     23-sept-barnstapleentrando-en-el-mercado_opt  23-sept-barnstaplegran-mercado

23-sept-barnstaplemonedaA organización local tiña preparada unha visita ao edificio do concello, onde nos recibiu a Alcaldesa. Fixemos un tour polo edificio e vimos os tesouros que escondía. Tamén nos regalaron a cada ún unha réplica dos xilíns conmemorativos que se chegaron a acuñar nesta mesma cidade. A continuación, podedes ver unha foto grupal na que tamén saen (de esquerda a dereita) unha traballadora do concello, a nosa monitora galega Laura, Amy (a monitora da organización local) e a Alcaldesa rodeada por todos nós.
23-sept-barnstaplegrupal

Despois disto tivemos algo de tempo libre para rematar de descubrir as rúas principais do centro da cidade e, finalmente, regresamos á casa coas nosas familias anfitironas. Foi un día intenso e necesario. Só faltaba cear, pasar algo de tempo coas familias e cargar as pilas para a excursión de mañá.

Deica mañá!