Esperaba que non chegara nunca o día no que rivera que escribir este blog, pero aquí está. Tras 21 días en Reino Unido, na cidade de Peterborough, chega o fin.
Ás seis e media da mañá estábamos subido todos ao bus que nos levaría dende QueensGate Bus Station en Peterborough ata o aeroporto de Gatwick, onde no esperaba o avión de volta a España.
Vaia día!! Qué foi o que non pasou??
Primeiro o bus deixounos na terminal que non era, así que tivemos que colar un metro que ten o aeroporto para cambiar de terminal. Unha vez alí, pesamos as maletas e algún levou un susto, xa que ou estaba moi preto do límite permitido o nel exatamente.
Facturamos o máis rápido posible e marchamos para facer o control de seguridade. Non sei cantos litros de auga beberon para poder pasar unha botella, algún trato de pasar un envase de medio quilo e otros non sabían o que tiñan que sacar de maleta ou non a pesar de berralo por toda a cola.
Ademáis, a cara de mono de algún debía ser moi mala porque todos os rexistros aleatorios tocáronos a nos.
Cando todos recuperamos as nosas pertenzas, cruzamos para buscar a porta de embarque, pero tardaba aún bastante en dar a información, así que tiveron algo de tempo para ir almorzar, comprar comida para á viaxe ou facer compras.
A pesar de todo este tempo, aínda sentámonos a esperar un rato máis.
Cando os outros grupos do pili e nos nos xuntamos, marchamos á porta de embarque. Subimos ao avión, contamos que estabamos todos e respiramos por primeira vez.
En canto despegamos, o pensamento de: “Uf, mitade de camiño! vamos! que pode sair mal?” Pois todo, por suposto.
Aterrizamos con retraso. Tivemos que cambiar de terminal. Un nene perdeu o pasaporte. Facemos control de seguridade outra vez. Outra vez controis aleatorios. Control de pasaportes. O reloxo aproximábase feroz á hora de despegue e nos seguimos con medio corto dentro de España e medio nun limbo.
Quedamos as monitoras de últimas para asegurarnos de que todos os netos pasasen o os outros monitores ían axudando ao nosso grupo a chegar á porta de embarque.
Corremos por todo o aeroporto buscando a porta. Pasaporte collido cos dentes e levando a maleta do revés só con tal de chegar a tempo. Polo pelo dun calvo que nos quedamos en terra pero por sorte non foi así. Contaríamos cabezas como 400 veces, pero alí estaban as 25.
Volvo a pensar: “Uf, menos mal. Foi unha das peores cousas pero xa está. Xa estamos despegando para Vigo. Listo!!” De novo, estaba equivocada. Ao mellor debería deixar de pensar tanto.
Saímos con algo de retraso de novo. Os nenos agobiados. Nos tamén. A tripulación tamén.
Aterrizamos e aplauden con tanta forza da alegría de chegar a casa que non sei como ninguém ten un burato na man.
Momento de recolher as maletas. Ups, vaia, parece que tardan moito en chegar. Qué está pasando? AS MALETAS QUEDARON EN BARCELONA!!!!!
Os neons agobiadísimos, empezan a caer lágrimas, tanto polas maletas, como por ver á familia e amigos como mola despedida da familia que crearon durante estas tres semanas, e como non, eu tamén estaba a chorar.
Mentres os padres estaban expectantes esperando polos nenos, estes estaban a facer unha reclamación polo maleta, pensando en como quedaran nun segundo sen toda a súa ropa e cousas que facturaran.
Aproveitamos ese tempo para facer unha breve e cutre despedida onde, a pesar de estar cheos ata as cellas de alegría por voltar a casa, ver á familia e comer unhas croquetas e tortilla, as despedidas nunca forno fáciles, pero bueno, rirse un pouco da monitora que chora cada cinco minutos foi as cousas algo máis fáciles.
Sara e máis eu fomos as últimas en sair do aeroporto de Vigo a iso das 23.30 da noite.
Eu, personlmente, subín ao coche e sentín algo moi raro no peito. Algo así como vacío. Qué ía facer agora sen os meus nenos?? Chorei de novo no coche, pero polo menos, alguén perguntou se nos vemos mañá na praia. Mellor, xa os botaba de menos.
É así como acaba a aventura polas terras inglesas, por Peterborough. 21 días que pasan nun segundo. 21 días que quedan no recordo, nos vídeos de recopilacións que me fan chorar coma un bebé, nas pulseras que llevamos ou nas libretas que nos escribistedes.
Dixenvolo 23487039184 veces xa, pero esta é a despedida. Grazas. Un millón de veces grazas. Por todos e cada un dos días que pasamos alí. Polas risas e polas lágrimas. Polos vídeos nas vosas casas. Polas fotos da cea acompañada dunha cariña sorinte de ketchup. Polos momentos de lunch na catedral. Por todas a veces que escoitamos: “¿¿¿¿¿¿¿¿¿Podemos ir a Poundland?????????”. Por ser o mellor grupo polo que podería pedir. Por absolutamente todo.
Quérovos un montón!! Non os imaxinades canto!! Espero saber de todos vos o pronto.
A maior das apertas e bicos.
Lucía (la abuela llorona) e Sara (la de letras que no sabe contar cabezas). <3