Un intento de refrescarnos (Grupo Peterborough)

O noso último luns non só conseguimos marchar un pouco antes das clases, senón que, ademais, era o día da que pode que fóra unha das actividades máis ansiadas dada a calor que estabamos a pasar.

Este luns, collimos os nosos mellores outfits de praia/piscina e, acompañados polo xa famoso Lucas, subimos a un bus que, tras o pequeeeeno traxecto de 40 minutos, nos deixaría no AquaPark.

Pese ser máis fácil na teoría que na práctica o de xogar polas diferentes partes do parque, todos conseguimos, rematando en mellores ou peores condicións, desfrutar do parque e exprimir ao máximo todo o que este nos podía dar.

Sen dúbida, unha actividade perfecta para a calor que facía e para rematar a nosa estancia no noso querido Pedro Burgo, ao que sempre levaremos connosco.

 

avatar

Sara Gutiérrez García

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *