Vivindo a nosa mellor vida en Cambridge!! (Peterborough)

Outro sábado, outra aventura. Esta vez… Cambridge!!!!

Como cada sábado, ás 8.30 da mañá quedamos todos na estación de tren de Peterborough e cando coñecemos a Joe, un novo monitor local, saímos cara a cidade de Cambridge. Nesta viaxe non puideron dormir xa que tivemos que facer transbordo.

Cando chegamos, Joe levounos baixo un inglés sol abrasador ata o museo Fitzwilliam, onde en dous grupos, percorremos todo o museo. Dende vaixela coreana ata estatuas do antigo Exipto.

É obvio que os museos non son a cousa favorita dun adolescente, pero aínda así, sorprendéronos e, polo menos, algúns deles, disfrutaron da saída.

Cando saímos, camiñamos por algunas das calles más bonitas de Cambridge, pasando por Trinity College o espazos moi remarcables de Cambridge dos cales Joe nos explicou a historia.

Levámonos ata un punto de encontro e tiveron tempo libre para comer e mercar cousas.

Despois, camiñamos ata o río Cam, onde faríamos punting, é decir, en grupos, subir a unha embarcación planiña e que un señor nos leve por todo o río como se de Venecia mismo faláramos.

Tras un bonitísimo paseo en barco, e unhas cantas duchas a salpicazos coa agua do río, camiñamos de volta á estación de tren para voltar a Peterborough, non sen antes parar a por unhas botellas de auga ben fresquiña, uns xeados e unha carreira ao baño.

Chegamos cansos pero contentos porque tiñamos unha cea de despedida todos xuntos, e esta vez, tamén coas monitoras.

Cando rematamos de comer, as monis demos un pequeno discurso agradecendo a estes repaces todos o momentos e sonrisas que non levamos para sempre e, como non, Lucía tiña que chorar e conseguiu facer chorar á maioría tamén.

Despedímonos e cada quen colleu o seu bus de volta a casa.

E ata aquí un dos días máis largos pero tamén dos máis bonitos esta viaxe.

avatar

Lucía Del Río González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *