BIDEFORD 24/09 – De excursión a Exeter!

Ola familias!

O sábado fomos de excursión a Exeter! Unha das cidades máis antigas de Gran Bretaña. O día comezou de marabilla, xa que ao non ter que ir ao instituto non precisamos madrugar tanto. Durmir esas horiñas de máis sentounos moi ben para rematar de adaptarnos ao horario desde país. Tras un almorzo completo, as nosas familias acompañáronnos ata a parada de autobús, onde nos montamos no 21 dirección Barnstaple. Por que regresamos a esta cidade? Fácil, porque aí é donde está a estación de tren e este é o medio de transporte que empregariamos para chegar ao noso destino. Cómpre dicir, que o tren ía abarrotado, ata o punto de que non todos atopamos sitio onde sentarnos. Menos mal que o traxecto era curto!

24-sept-exeter-grupal-bandera_opt

Aquí podedes ver a muralla que durante centos de anos bordeou Exeter

Unha vez en Exeter, cos nosos suadoiros vermellos, visitamos un museo próximo a estación, o Royal Albert Memorial Museum. Por parellas ou en grupos de tres, fomos completando un quiz a medida que avanzabamos polas diferentes salas, cheas de obxectos moi variados de diferentes autores e dos catro puntos cardinais. Ao final, o grupo co maior número de respostas correctas conseguiu un premio moi doce.

24-sept-exeter-having-lunch-caras-raras_optTrala visita estabamos mortos de fame, así que adiantamos media horiña a comida, porque o primeiro é o primeiro e co estómago baleiro non se pode gozar dunha visita turística. Coma sempre, o momento de abrir os packed lunch e a emoción de descubrir o que nos mandaron as familias non ten prezo. Puidemos probar patacas fritas de distintos sabores, bocadillos variados… Pese ás caras que puñamos no primeiro contacto coa comida, rematámolo todo e comimos moi ben.

A continuación fixemos un tour pola cidade e visitamos sitios curiosos, coma os restos da torre onte tivo lugar a derradeira condena a morte dunha bruxa en toda Inglaterra.

24-sept-exeter-grupal-torre_optTamén camiñamos pola rúa máis estreita do mundo, chamada Parliament Street. Só cabiamos de un en un!24-sept-exeter-la-calle-mas-estrecha-del-mundo_opt

Ademais, Amy levounos ao lugar de onde J. K. Rowling tirou a inspiración para crear a Travesa Diagón, que aparece no libro de Harry Potter.24-sept-exeter-dos-en-el-callejon

Finalmente, establecemos o punto de encontro fronte á preciosa catedral de Exeter e tivemos tempo libre para explorara a cidade, facer compras e tirar mil fotografías, como esta, moi orixinal, onde aparecen tódalas rapazas na plaza da catedral.
24-sept-exeter-catedral-solo-chicas

Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá será domingo, o día de quedar coas familias e ver que plan nos teñen preparado. O luns volveremos con máis novas para mantervos informados. Unha aperta e deica o luns!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *