BIDEFORD 28/09 – Westward Ho!

Nova entrada, familias!

Hoxe, 28 de setembro foi un día diferente. A actividade da tarde consistiu en ir a Westward Ho! (premede no nome da vila para acceder á páxina da oficina de turismo). img_20160928_140945Si, o nome desta poboación costeira é Westward Ho!, cunha admiración ao final. A verdade é que ten unha historia curiosa: a vila foi creada e bautizada e hai relativamente pouco tempo, a partir do título dunha novela (enlace) de piratas de Charles Kingsley, traducida ao castelán como ¡Rumbo a Poniente! (aquí poderán atopar un artigo moi interesante que fala sobre a obra). “Westward Ho!” era a expresión empregada polas personaxes para dirixirse a esa zona.img_20160928_163627

Unha vez alí puidemos comprobar que se trata dunha zona perfecta para practicar surf xa que, a pesar de ser un día gris, a praia estaba repleta de surfistas intentando coller as mellores ondas. Ademais de ver a praia de cantos rodados e as pintorescas vivendas que confeccionan unha paisaxe única, tamén tivemos a oportunidade de ir a un parque de atraccións.

img_20160928_141707

Na entrada do parque

No parque de atraccións Amy, a nosa monitora da organización local, deunos a posibilidade de elixir entre dúas actividades: Minigolf Pirata ou Go Karts, así que tivemos que dividirnos en dous grupos (polo momento non dispoño de fotografías das golfistas).  Aquí podedes ver ao grupo ao que lle gusta a velocidade:

img_20160928_144903

Non había karts suficientes para os 9 que iamos a queimar pneumático, polo que nos dividimos en dúas carreiras.

img-20160928-wa0031

img_20160928_142935

Por sorte ou por desgraza, tralas actividades, o destino quixo obsequiarnos cun tempo tipicamente inglés, polo que fomos ao salón de xogos a resgardarnos da choiva ata que escampase. O certo é que alí pasámolo moi ben e conseguimos moitísimos tíckets.img_20160928_154742

img_20160928_155659 img_20160928_160030_1

E con estas imaxes remata esta nova entrada do blog. Mañá fará unha semana que estamos en Bideford, vivindo coas nosas familias anfitironas, relacionándonos con rapaces e rapazas da nosa idade cos que compartimos moitas cousas en común a pesar das diferencias culturais.

Unha semana de emocións, inmersión cultural e lingüística, novos amigos e amigas, novas experiencias, novos coñecementos, superación de medos e retos, desenvolvemento persoal, maduración, autonomía… Esta viaxe é probablemente a primeira da lista; unha lista que nos axudará a percatarnos de que o mundo é máis pequeno do que parece e que poderemos lograr todo canto nos propoñamos. Só precisamos determinación, unha actitude tolerante e respectuosa e moito traballo para facer que o vento da sorte sopre no noso favor.

Con esta reflexión despedímonos ata mañá, familias!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *