BIDEFORD 27/09 – Visita a Appledore!

Ola de novo, familias!

Xa é martes 27 de setembro! Hai que ver o rápido que pasa o tempo… Nestes días xa se pode dicir que estamos adaptados practicamente a tódolos aspectos de vivir aquí: os horarios para almorzar, xantar e cear, os autobuses, a ruta a pé desde a parada do bus ata a casa, o paseo ata o Bideford College, etc. Cando nos queiramos dar conta, xa terán rematado as tres semanas de estancia!

A continuación vou incluír un mapa para que vos fagades unha idea da zona onde estamos vivindo os trece. A idea é que grazas a este bosquexo poidades facervos un mapa mental para comprender con facilidade a área na que nos estamos movendo:

mapa-onde-vivimos

Por se non ledes con claridade o texto insertado na imaxe: as poboacións subliñadas en cor vermella (Bideford, Instow, Fremington, Bikington e Barnstaple) é onde vivimos e a ruta marcada en azul é a que fai a nosa liña de bus, o número 21, que pasa cada 10 minutos. A verdade é que non ten perda e trátase dunha zona segura.

Volvamos ao tema: que fixemos no día de hoxe?

As nubes ameazaban choiva, aínda que cun pouco de sorte, non tan forte como a do luns. Por iso, decfidimos quedar no centro para comer os nosos packed lunch. Esta vez non inmortalizamos o momento, pero podédesme crer se vos digo que é un primor velos a todos cos seus uniformes descubrindo o que lles mandou a familia para comer. Próbano sempre todo, comparten algúns snacks, intercambian bocadillos… Sempre hai unha aura de emoción que nos rodea á hora do xantar.

img_20160927_150136

Sergio atendendo á explicación dun vídeo

A actividade desta tarde consistiu en achegarnos ata unha encantadora poboación veciña chamada Appledore (premede no nome da vila para atopar máis información). É unha vila mariñeira que aínda mantén un asteleiro en funcionamento dos varios que adoitaba haber noutros tempos.Alí, visitamos o museo marítimo North Devon Maritime Museum, onde  nos atopamos cunha amable e entusiasta guía que adica os seus días a informar aos viaxeiros e a profundar máis na investigación sobre o valioso papel de Appledore na historia da Inglaterra. Ela amosounos o que as 6 habitacións principais do museo agochan e explicounos o seu contido: duenos datos curiosos sobre os barcos de madeira e de aceiro que se constrúen e construíron na vila, a relación da mesma coa Armada Invencible, coa Segunda Gerra Mundial, etc.

img_20160927_142723_opt

Antes de entrar ao museo

img_20160927_153028

Nas escaleiras do museo

Tivemos a sorte de poder subir á zona de investigación do museo, normalmente pechada ás visitas.

img_20160927_153139

Na tenda do museo

 Alí puidemos ver varios mapas que foron donados á colección do museo e escoitar unha anécdota sobre cando o Príncipe Carlos de Gales foi de visita a ese mismo lugar por onde estabamos camiñando. Á saída, algúns de nós mercamos un recordo da visita na tenda do museo.

Percorremos parte do paseo marítimo, moi agradable a pesar da falta de sol e algúns de nós probamos os xeados artesanais da zona.

img_20160927_155210_opt

Cara especial para enmarcar

Finalmente, regresamos a Barnstaple, onde tivemos algo de tempo libre antes de volver ás nosas casas para ir a cear. Hoxe foi un bo día, veremos como se presentará o mércores.

Familias, espero que estas entradas no blog vos estean resultando útiles ou, cando menos, interesantes!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *