BIDEFORD 26/09 – Cream tea!

Bo día, familias!

O luns foi o noso segundo día de clase. Ás 8:30 reunímonos cos nosos buddies, na recepción do instituto e asistimos a unha asemblea moi interesante que tivo lugar no salón de actos. Nesa reunión trataron de concienciarnos sobre os perigos e as consecuencias que o sexting e un mal uso das redes sociais poden traer consigo, xa que poden repercutir no noso presente e futuro tanto a nivel persoal como profesionalmente.

Despois diso, fomos todos a clase. Preguntarédevos a que materias asistimos aquí, pois ben, cada un de nós vai a clases diferentes, dependendo dos buddies que nos asignaron. Durante a nosa estancia aquí, asistiremos ás mesmas clases ca os nosos colegas ingleses. Matemáticas, xeografía, inglés, física, química, bioloxía, informática, historia e socioloxía, son algúns exemplos das materias que estudiaremos mentres estamos aquí. Tamén asistimos a clase de castelán, onde temos a oportunidade de axudar aos buddies, xa que están aprendendo unha das nosas linguas maternas e precisan que lles botemos unha man con cuestións como a pronunciación.

Ás 12:30 tocou xantar. Comemos os nosos packed lunch que, de novo, parecían caixas sorpresa. Hoxe fixémolo dentro da escola, xa que a intensa choiva non permitía outra opción. 26-sept-lunch-cole-2

Como moitos de vós xa saberedes, esta semana, aínda que trouxo consigo nubarróns cargados de choiva, tivo un comezo moi, pero que moi doce. Por que? Porque pola tarde, achegámonos ata Instow, onde puidemos probar un aperitivo tipicamente inglés, máis en concreto, típico da rexión de Devon: cream tea!

img-20160926-wa0007

Cream tea

O cream tea, consiste en té con leite acompañado por uns doces chamados scones, que se deben servir morniños, como acabados de saír do forno, e que se comen untados con clotted cream (unha especie de nata moi espesa) e marmelada de amorodo.

26-sept-cream-tea-5-grupal

Todos tomando cream tea

Fixemos un concurso de preguntas sobre datos curiosos relacionados con esta tradición de tomar té. Despois, aproveitamos que escampou para dar un paseo polo paseo marítimo de Instow. Aquí deixamos algunhas fotos grupais:

26-sept-instow-2 26-sept-instow-3 Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá máis e mellor. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá familias!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *