HI FAMILIES!
Hoxe foi o noso último día en Norwich e iso significou despedidas, agasallos, algunha que outra bágoa, apertas colectivas e corazóns moi cheos de experiencias!
Pola mañá acudimos a Ormiston Victory Academy para as clases habituais: Science, Maths, P.E., Chinese, Arts, etc.

En clase de chino mandarín
Ao finalizaren as clases o noso grupo, xunto cos seus buddies puxéronse para unha foto grupal nunha das escaleiras da academia. Hai que ver cantos rapaces e rapazas estiveron xuntos estes días!

Martín e Marta tristes por ter que marchar de Ormiston!

As monitoras con Mar, facendo un BeReal, con Marta e Martín ao outro lado

Paula emocionouse moito cando nos despedimos todos dos buddies!
Antes de marchar de camiño a Norwich, entre Spanish e English students houbo un intercambio de apertas, regaliños, selfies, bágoas e moitas risas. Estaban todos e todas moi felices de poder vivir esta experiencia!

Apertas e máis apertas!

Agasallo que nos outorgaron en Ormiston Victory Academy. Foron amables e atentos en todo momento dende que chegamos!
Logo, voltamos no autobús para Norwich e alí, en The English Experience School, felicitáronos polo marabilloso traballo e comportamento destas tres semanas. Tamén lles outorgaron o certificado no que figura o programa de inmersión que veñen de realizar.

Entrega de diplomas en The English Experience School
Ao finalizar a entrega dos diplomas, dende a organización da escola de inglés, agasallaron aos estudantes con donuts recheos de distintos sabores. Unha delicia!!
Finalmente despedímonos da nosa local guide Ellen, que foi marabillosa e todos a imos botar de menos!
Tamén nós nos despedimos do noso grupiño ata hoxe á madrugada que comecemos a nosa viaxe de retorno a Vigo.

Martín e as dúas Sofías pillados in fraganti mercando cousiñas para a viaxe!

Franko coa súa host family pasando a última noite mentres o seu host dad e Pablo xa durmían!
Hoxe poñemos fin a tres semanas coñecendo e vivindo o día a día con estes rapaces e rapazas incríbles, cada un á súa maneira, pero marabillosos a fin de contas! Non podíamos pedir un grupo mellor.
Agardamos que tamén eles se sentiran cómodos e contentos de ternos coma as súas group leaders!
Agora tan só falta pechar as maletas, durmir un pouquiño e en nada estamos voando cara Vigo!
Good night everyone! See you very soon!
Alaska e Lara