ORMISTON 21/10 – IT’S FRIDAY!

Hi families! IT’S FRIDAY!

Hoxe concluimos a nosa primeira semana de clases e non puido ser mellor. O noso grupiño está a recibir eloxios dos profesores pola súa participación, coñecementos e forma de ser tan proactiva! Estamos encantadas!

Ao longo da maña acompañaron aos seus buddies ás distintas aulas e algúns tiveron Photography ou Biology mentres que outras foron a PE ou a unha asignatura de preparación para a vida, sobre valores éticos e cívicos.

Franko e unhas compañeiras en clase de Photography

Exame de Tiago

Tamén hai quen foi a Technology e mesmo a unha charla sobre cans de carreiras. Charla na que, por certo, puideron acariñar a dous galgos preciosos.

Logo de voltar a Norwich, quedamos con Ellen en Forum.

Dende alí explicamoslles a actividade da tarde, que consistiu nun city search. E que é isto do city search? Pois veredes, divididos por parellas tiveron que ir buscando respostas a preguntas sobre a historia e lugares da cidade.

Ellen explicándolles en que consistía o city search

Houbo que tivo quen correr para completar as máximas preguntas posible no tempo que tiñan. E outras tamén se serviron do “comodín do público” preguntándolle aos transeúntes!

Algúns dos cuestionarios do city search

Pablo e Bruno co seu city search, conseguiron responder moitas preguntas!

Ao quedar o contador a cero, o grupo voltou ao meeting point e Ellen recolleu todos os folios. O luns saberemos quen é a parella gañadora!! 🏆

Bruno e Nerea probando o chai latte, toda unha moda en UK

Ricardo mercou isto que lle deixou a boca azul!

The sunglasses team!

Finalmente tiveron tempo libre ata que voltaron ás súas casas e arestora están rematando os preparativos para ir mañá de visita a … CAMBRIDGE!! 🏛️

A cea que nos envía Franko! It looks tasty!

Xa temos moitas ganas de camiñar por esta cidade con tanta historia e parece que o tempo vai acompañar cunhas raiolas de sol e unha agradable temperatura (o que aquí lle chaman indian summer).

See you soon!

Alaska & Lara 🤍

 

avatar

5 pensamientos en “ORMISTON 21/10 – IT’S FRIDAY!

  1. Hola!!!
    Muchas gracias por todo lo que hacéis y por mantener a las familias informadas.
    Están felices, Sofía nos dice que le encanta todo😍.
    Gracias por esas fotos que mandáis y por acompañarlos en esta experiencia que están disfrutando tanto.
    Que disfrutéis en Cambridge!!!!🥰🥰
    Buenas noches.
    Diana

    • Ola Diana!
      Moitas grazas por lernos! A verdade é que estamos pasando unha estancia moi boa. Cada día aprenden algo máis en Ormiston Academy da man dos buddies e tamén nos divertimos nas actividades da tarde!
      Todo é máis doado cun grupo tan bo!
      E mañá a desfrutar de Cambridge que o merecemos moito!!
      Unha aperta!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *