ORMISTON 29/10 – OFF TO LONDON

Hi families!!!

Onte tivemos a nosa derradeira excursión e fumos a LONDRES!!

Xa tíñamos moitas ganas de ir e ademais coincidiunos un día de sol fantástico para gozar desta buliciosa cidade!

No bus de camiño á Londres!

Tivemos que érguenos cedo e poñernos en camiño pero mereceu a pena logo de todo o que vimos: St. Jame’s Park (onde vimos moitos esquíos, que nos namoraron a todos!), London Eye, Big Ben, Houses of Parliaments, Buckingham Palace e Westminster Abbey que é a igrexa máis longa do Reino Unido e na que se coroaron a maioría dos Reis e Raíñas do país, así como onde case todos están soterrados tamén.

Así amencía en Londres!

Martín no muro en conmemoración ás victimas de Covid

Camiñando por St Jame’s Park

Coa nosa local guide, Ellen, á cabeza

De camiño á Picadilly Circus

O Big Ben, un dos spots máis emblemáticos de Londres. Foto de Bruno

Paula e Houses of Parliament ao fondo

Paula e Ricardo posando cun dos cabalos da Garda Real (tiveron medo de que lles mordera pero era moi boíño!)

Entrando en Buckingham Palace

Victoria Memorial, foto de Natalia

Foto de Natalia en St Jame’s Park

Foto de Natalia

Unha vez chegamos a Picadilly Circus, a rapazada tivo tempo libre para explorar as áreas colindantes: Chinatown, Soho, Trafalgar Square, etc.

Pásarono xenial e mercaron recordos para levar como agasallos ás familias.

Marta e Mar cos seus osiños Paddington

Martín, logo de facer uns 20 minutos de cola, entrou á tenda de LEGO!

Ismael logo de mercar na tenda de M&M’s World London

Julián, Paula e Bruno probando os tés e chocolates en Whittard

 

Bruno, Paula e Julián fronte á Main Gate de Chinatown

Mentres agardábamos polo bus de volta a Norwich

Finalmente regresamos á Norwich, onde nos agardaban as familias.

Hoxe é día libre en familia. Cada un e unha deles aproveitarán para descansar e para saír a dar unha voltiña por Norwich, que é Halloween e, de seguro, verán xente disfrazada, como tamén vimos onde en Londres!

Mañá voltamos á Ormiston Victory Academy xa que o half term rematou. Deste xeito poderán reincorporarse ás distintas aulas cos seus buddies! Teñen moitas ganas! Encántalles o ambiente do high school!

Todo o grupiño fronte a Buckingham Palace! (Ata vimos como se movían os gardas!)
💂

See you soon,

Alaska e Lara

 

avatar

2 pensamientos en “ORMISTON 29/10 – OFF TO LONDON

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *