ORMISTON 24/10 – MOVIE THEATER AND ENGLISH LESSONS!

Hi families!

Hoxe comeza o half term, que consiste nunha semana de vacacións dentro do período escolar. Por este motivo, toda esta semana non asistiremos a Ormiston Victory Academy pero continuaremos coas clases de inglés en The English Experience School, que é a nosa axencia aquí en Norwich.

Al longo desta semana realizaremos ás actividades pola mañá e teremos as clases de inglés pola tarde.

Algúns rapaces no ascensor de Castel Quarter, o centro comercial

Hoxe fumos ver ao cine a nova película de DC, do superheroe “Black Adam. Unha película cargada de efectos visuais e sonoros. Encantoulles!

Despois tivemos clases de inglés, de 14h a 17h con break entre elas. O grupo dividiuse en dous e foron para distintas aulas coas profesoras Ellen e Lauren.

Tamén repartimos os premios aos gañadores do City Search que realizamos a semana pasada. Houbo empate entre a parella de Pablo Méndez e Bruno (con 14 puntos pero chegaron dentro do tempo permitido) e a de Jorge e Tomás (tamén con 14 puntos pero chegaron logo de que rematara o tempo).

Finalmente tiveron un pouco de tempo libre ata á hora de chegar á casa.

See you soon!

Alaska & Lara 🤍

 

avatar

2 pensamientos en “ORMISTON 24/10 – MOVIE THEATER AND ENGLISH LESSONS!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *