ORMISTON 26/10: TRIP TO GREAT YARMOUTH AND ENGLISH LESSONS!

Hi families!

Hoxe era o día no que, seguindo o planning, coñeceríamos ao Lord Mayor e a Sheriff de Norwich pero non puido realizarse este encontro debido a compromisos laborais dos mesmos.

Deunos mágoa non poder cumprir co establecido pero a alternativa tamén foi xenial: saímos de excursión cara Great Yarmouth!!

Great Yarmouth Map - Street and Road Maps of Norfolk England UK

Chegando a Norwich Train Station!

Chegando a Great Yarmouth!

Saímos e chegamos cediño pola maña polo que aínda non había moitas tendas e comercios abertos pero os rapaces buliron axiña para os recreativos.

 

 

Entre os arcades e o fútbol, este grupiño nunca se aburre!

Todos contentos logo de que o propietario dos Arcade lles fixera unha rebaixiña nalgúns premios!

 

Mentres, outros preferiron pasear polo sea side, aproveitando a marabillosa mañá de sol que houbo!

Paula paseando pola costa

Bruno dando un paseo polas augas do Mar do Norte

Tamén, en canto abriron, foron a curiosear polos distintos postos de souvenirs, roupa e comida.

Houbo quen tamén decidiu ir ver como se elaboran os famosos Yarmouth Rocks, uns caramelos con distintos sabores; ou dar un paseo aéreo na noria, disfrutando dunhas vistas inmellorables!!

 

Fotografía de Franko dende a noria

Fotografía de Franko, precioso reflexo do sol na auga!

Fotografía de Franko dende a noria, vistas á cidade

Fotografía de Franko dende a noria

 

Aquí puidemos ver como se lle da forma aos famosos Yarmouth Rocks!

Yarmouth Rocks

Logo de pasar a mañá por este pobo costeiro tan encantador, volvimos á estación de tren para tomar o camiño de volta cara Norwich. Aínda tiveron un chisco de tempo libre e logo foron ás English lessons coas súas profesoras Ellen e Lauren.

Hoxe foi un día moi entretido para todos nós! Mañá máis e mellor!

See you soon!

Alaska e Lara 🤍

 

 

 

avatar

2 pensamientos en “ORMISTON 26/10: TRIP TO GREAT YARMOUTH AND ENGLISH LESSONS!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *