ORMISTON 19/10 – VISIT TO THE CATHEDRAL OF ST JOHN THE BAPTIST

HI FAMILIES!

Hoxe o noso estudantado acudiu á Ormiston Victory Academy para as clases regulares da mañá. Cada estudante co seu buddy vai ás clases de distintas materias: Performing Arts, Mandarin, Spanish, Geography, PE, Chemistry, etc.

Un novo concepto: máquina expendedora de libros en Ormiston Victory Academy

Paula, Erik e Bruno foron a clase de chino mandarín!

No lunch time tamén poden mercar por 1£ comida na cantina do high school. Isto está moi ben porque, aínda que as host families lles dan o pack lunch, esta rapazada sempre ten fame!

Paula encantada coa súa pizza!

Bruno e Tiago co seu bowl de pasta con queixo!

Nesta semana, previa ao half term, os estudantes ingleses están a realizar exames. O half term consiste nunhas vacacións curtas, dunha semana, no medio do período escolar. Por este motivo, a vindeira semana, o noso alumnado acudirá a clases de inglés en The English Experience Academy, para seguir mellorando o nivel de inglés!

Agardando polo noso bus a Norwich

Logo das clases, e antes de comezas á visita, tiveron uns minutiños de tempo libre para abastecerse con algo de comida.

Algunhas delicatessen made in Norwich. Delicious!

De camiño á Catedral

Algúns foron mercar comida no Subway antes de comezar coa visita

Lara e Alaska, as group leaders deste grupiño tan marabilloso, tamén nos poñémos para os selfies das rapazas!

En Forum, o noso meeting point

Logo dirixímonos a un pequeno pero encantador xardín, chamado Plantation Gardens. Alí puidemos ver un espazo verde chego de flores e unha fonte antiga.

Ellen explicándolles sobre as árbores do xardín

Say CHEESE!!

Outra instantánea de Bruno na que se aprecia a pegada do outono. Que ollo fotográfico ten este rapaz!

Despois continuamos a nosa visita á The Cathedral of St John the Baptist.

The Cathedral of St John the Baptist.
Fantástica foto tomada por Yago

Esta é unha das dúas catedrais que hai na cidade, xunto coa Catedral Inglesa, que visitaremos nas vindeiras semanas. Isto significa que Norwich conta con dous bispados.

O alumnado escoitando as explicacións de Ellen antes de entrar na Catedral

Concretamente, esta catedral católica romana, de estilo neogótico, construíuse entre 1882 e 1910. E, segundo nos dixo a nosa local guide Ellen, é a segunda catedral católica máis grande do Reino Unido, despois dunha situada na cidade de Londres.

Como non, a rapazada a tomar selfies everywhere!

O interior da Catedral é impresionante

Ao rematar a nosa actividade, que lles pareceu interesante e bonito todo o que vimos, o alumnado tivo tempo libre antes de voltar para a casa.

Sofía e Natalia encantadas coas súas chocalate chip cookies!

See you soon!

Alaska e Lara 🤍

 

avatar

3 pensamientos en “ORMISTON 19/10 – VISIT TO THE CATHEDRAL OF ST JOHN THE BAPTIST

    • Moitas grazas Manuel!
      Estamos todos encantados de estar vivindo esta experiencia xuntos, agardando as aventuras que nos agardan nos vindeiros días!
      Un saúdo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *