ORMISTON 17/10 – PRIMIERO DÍA DE CLASE E TOUR POR NORWICH

Hi families!

Today was our first day at Ormiston Victory Academy and it was exciting!!

Hoxe o alumnado coñeceu aos seus buddies no high school. Os e as buddies serán aqueles compañeiros/as ingleses cos que estarán ao longo deste programa. Xuntos acoden as clases que figuren no seu horario: maths, PE, arts, drama, literature, photography, mandarin, etc.

A emoción foi máxima cando se reuniron todos na cantina, todos desexando coñecerse e saber con quen irían. Aínda que tamén había moitos nervios!

O resto da mañá transcorreu de maneira normal no centro educativo: foron as clases, estiveron coñecendo aos compañeiros ingleses no break e no lunch time.

Marta e Mar, lendo a carta de amor dun admirador. Levantan paixóns dende o primeiro día!

Cociña e cantina de Ormison Victory Academy

Interior dun dos cinco edificios que compoñen Ormiston Victory Academy

Sofía e Sabela co horario das súas buddies

Coñecendo aos buddies!

Cando finalizaron as clases, reunímonos todos na recepción e, dende alí, dirixímos cara Norwich coa nosa guía local Ellen, que tamén nos está axudando a coñecer as rutas e horarios de autobuses para logo podelo facer pola nosa conta.

Á saída de Ormiston Victory Academy

Os buses en Norwich tamén son “double decker”, non unicamente en Londres!

Xa en Norwich, pola tarde, comezamos a nosa visita paseando polo centro comercial, onde tiveron tempo libre para explorar as distintas tendas e coñecer a moda e os productos ingleses.

Repoñendo forzas antes de comezar co tour

Tiago e Alaska, unha das group leaders do grupo

Ao longo do percorrido, entre outras, camiñamos por Tombland (cunha marcada historia da época da Peste Negra), Elm Hill (unha rúa preciosa na que aínda se conserva o espírito de antano) e Norwich Market (un mercado fixo onde se pode atopar dende productos frescos, a comida preparada, souvenirs, roupa, etc).

Elm Hill

City Hall

Norwich Market

The Church of St Peter Mancroft

Atendendo ás explicacións da nosa local guide Ellen

Tamén coñecimos a Facultade de Artes e Deseño da Universidade de Norwich, o City Hall e algunhas igrexas. Falando de igrexas… Norwich ten más de trinta igrexas medievais dentro dos muros da cidade! Tantas hai, entre as que manteñen o status de igrexa e as que tamén se empregan para outros eventos, que isto deu lugar a unha lenda popular:

“Legend has it that Norwich possesses 365 pubs (one for each day of the year) along with 52 churches. So you can repent in a different one every Sunday.”

O grupo situado entre Forum e The Church of St Peter Mancroft

Este tour serviulles tanto de orientación, para ubicar onde están as tendas, cales son as rúas principais etc; e tamén para coñecer un pouco da historia desta cidade, coñecida como a cidade medieval máis completa de Inglaterra.

Logo de rematar a actividade e, dacordo coa hora límite de chegada á casa que lles permiten as host families, algúns foron pasear un chisco máis pola cidade!

 

PD: Algunhas fotos que nos envían os rapaces, son uns artistas e tamén se nota que están adentréndose de cheo na cultura británica con esas ceas tan completas:

Detalle da rúa Elm Hill. Fotografía de Bruno.

Marchando unha cea típica inglesa para Yago!

 

See you tomorrow!

Alaska e Lara 🤍

 

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *