Meridianas tardes, Greenwich

ELTHAM

Bos dias Vigo,

Hoxe coma xa ven sendo costume, as rapazas asistiron a clase pola mañá. O certo é que a valoración xeral da experiencia está sendo positiva tanto no que respecta ás súas compañeiras inglesas, coma ás materias impartidas. Algunhas das nosas estudiantes pensan que é moi boa idea que as instalacions da escola poidan usarse mais tarde das tres (a biblioteca pode usarse para estudiar cando rematan as clases); outras están sorprendidas pola forma na que se imparten as clases, e outras porque fixeron amigas moi rápidamente e non esperaban tal cousa.

En canto ás actividades de tarde, onte quedamos por aquí cerca. Despois de sair das clases, diriximonos a Greenwich a contemplar as vistas que hai dende o Royal Observatory, onde se ubica o primeiro meridiano, que no seu día foi o punto de referencia para establecer as diferencias horarias entre países. O día estaba nublado e facía moito frío pero aínda así aproveitamos para facer fotos co skyline de Greenwich.

IMG_2691IMG_20141205_125652

IMG_2711-1IMG_2696

Despois aproveitamos para baixar a ver o Cutty Sark, coñecido por ser un barco mercante que pertencía á mariña británica e que importaba té dende a China. No seu tempo batiu o récord de travesías a través dos océanos de todo o planeta. Actualmente atópase  totalmente restaurado no paseo King Williams.

IMG_20141205_130415

E despois de moito frío e dun día nublado, dirixímonos ás nosas casas a permanecer quentiñas. Hai que coidarse para o Winter Wonderland de Hyde Park e para afin de semana.

Ata mañá, lectores

Tarde en Bromley

ELTHAM

Bos días familias,

Nos por aquí ben, imos pouco a pouco adpatándonos a rutina da escola e coñecendo máis compañeiras. E é que estas inglesas sonche moi modernas, mentres que unhas acceden ó buffet coa pegada dixital, outras temos uns códigos pins personalizados. Hoxe na comida disfrutamos dun bo plato de xamón asado con patacas, e de postre deliciosa tarta de chocolate, case mesmo coma na casa. Aínda asi algunhas rapazas empezan a botar de menos a cociña dos seus pais, sobre todo as recetas típicas da estación, como os produtos da horta, as tortillas ou as filloas.

E mentras que unhas botan de menos a comida outras comezan a darse de conta das diferencias entre os sistemas educativos español e inglés. Como por exemplo as diferenzas curriculares e estructurais porque, tal e como dixo unha compañeira `A elas ensinanlles a pensar` Outra diferenza é que se centran por igual nas asignaturas teóricas como nas artísticas, ó que puidemos comprobar asistindo a teatro, drama, arte y pintura.

Pola tarde fomos hacia o sur, esta vez para visitar a cidade próxima de Bromley. Onde pasamos unha tarde relaxada coñecendo un pouco os arredores. Algunhas aprobeitamos para facer algunhas compras máis.

Despois de todo isto, voltamos as nosas casas para descansar e resgardarnos do frío, que as temperaturas aquí seguen baixando.

Un saúdo, as monitoras.

Ver la galería de fotos de Eltham

 

 

1 diciembre – Comezando as clases

ELTHAM

Bos días familias,

Xa temos os horarios para comezar as clases. Hoxe a mañá despois de coñecer a directora da escola, os nosas compañeiras inglesas axudaronnos a atopar as nosas aulas e a introducirnos nas asignaturas. Algunhas tiveron matemáticas e física, mentres outras axudaban nas clases de español aos estudantes nativos. As máis atrevidas incluso asistiron a clase de alemán.

A hora da comida porfin estrearon o comedor, onde poderán provar comida de diferentes lugares e coñecer un pouco máis as súas compañeiras.

O acabar as clases volvimos coller o tren a Londres, esta vez para visitar o Museo Británico, moi coñecido polas súas momias. Aunque algunhas rapazas preferirion ver as exposicións xaponesa e africana.

IMG_2674IMG_2661

A volta casa collimos o metro nunha das estacións máis antigas de Londres, Tottengham Court, comprobando o que é facerse un oco no transporte público de Londres durante a hora punta. Afortunadamente iso non é un obstáculo para que volvamos a visitar a cidade.

Non debemos esquecer que hoxe foi un día especial para Lucía, que cumpliu quince anos. E a que lle demos unha imporvisada sorpresa de cumpleanos.

IMG_2656

 

Ata mañá, as monitoras.

Luns 1 de Outubro: Búsqueda do tesouro en Londres

ELTHAM

Hola familias,

Hoxe voltamos a escola despois dunha fin de semana londinense. Pola mañá tivemos a última clase intensiva de inglés e mañá comezaremos as clases coas nosas buddies, ás que acompañaremos nas súas asignaturas. Algunhas das rapazas mostráronse nerviosas ó longo do día pola incertidume de como serán as súas mentoras durante o que queda de estancia. Non obstante, para facilitarnos o proceso de integración, a organización local e a escola sorprendéronnos coa boa nova de que  compartiremos con elas o buffet do almorzo a partir de agora.

IMG_20141201_233744

IMG_20141201_233854

E resumíndovos un pouco o día de hoxe, contarémosvos que pasamos a tarde en Londres. Esta vez tocounos descubrir o Covent Garden coa excusa de xogar á busca do tesouro. As rapazas tiñan que respostar preguntas-pista que lles axudaron a coñecer secretos de Londres. O premio foi simbólico, pero o grupo pasouno ben e disfrutou da actividade.

IMG_2645

A hora da volta foi mais rápida que a de onte, xa que Londres entre semana está moito máis tranquilo…aunque algunhas das rapazas non querian volver porque a preestrea mundial de The Hobbit e a semana da moda, á que ó parecer asistían  George Clooney, Kate Moss e os Beckham, estaban a celebrarse.

IMG_2648

Mañan toca visita ó British Museum, pero despois da escola…que primeiro hai que coñecer ás buddies!!!

Ata mañá!!!

30 de noviembre . Domingo de compras

ELTHAM

Hola a todos,

Ainda que hoxe era un dia libre as monitoras e a organizadora local decidimos levar as nenas de shopping por Londres. Collimos o tren as dez da mañá e tivemos todo o dia libre en Oxford Street para facer as compras que quixeramos e visitar todas as tendas que nos dera tempo. De volta collimos o metro ata a estación de tren e chegamos a Eltham as sete da tarde, onde nos esperaban as familias.

Deixamosvos algunhas fotos.

(Podéis ver la galería de fotos de Eltham aquí)

IMG_2633IMG_2615

Un saúdo, as monitoras Alba, Eva e Alba

29 de noviembre: Todo o día en Londres, primeiro sábado

ELTHAM

Hola familias e amigos,

Hoxe temos moi boas noticias, a excursión a Londres foi moi completa e divertida. Saimos de Eltham as nove e media da mañá en tren ata Londres e baixamonos na estación de London Bridge, onde fixemos trasbordo para coller o metro ata Westminster. Foi unha experiencia para moitas nenas estar nun tren subterráneo.

2014-11-29 10.08.532014-11-29 10.45.40

Unha vez en Westminster encontramonos con outro grupo de Vigoeningles. Deben estar sendo uns dias moi intensos porque se alegraron moito de verse.

Comezamos polo Big Ben, continuando coa abadia de Westminster. Grazas a nosa guia aprendimos mais sobre a importancia deste lugar na historia de Inglaterra. Continuamos ata St James Park,  un parque coñecido por estar habitado por pelicanos. De ahi fomos ata Buckingham Palace, ainda que so chegamos para ver o final do cambio da garda real británica.

IMG_20141130_0059022014-11-29 11.22.30

Despois dun merecido descanso para xantar, emprendemos camiño ata Trafalgar Square, onde nos detivemos para sacarnos unhas cantas fotos e intentar subir os leons. Algunhas costoulle pero o final todas o conseguiron.

2014-11-29 13.41.222014-11-29 13.46.08

Seguimos camiñando ata Picadilly Circus onde tivemos tempo para facer algunhas compras, pero non demasiadas porque mañá volveremos conquistar Londres. Tamén houbo tempo para coñecer `personaxes` locais, porque en Londres, a cidade de máis de nove millóns de habitantes, hai para todolos gustos.

2014-11-29 15.19.18

Continuando co tour a pé, chegamos ata Waterloo bridge, dende onde nos puidemos sacar fotos co London Eye de fondo.

2014-11-29 15.50.43

Camiñando a beira do Tamesis, chegamos ata o Tower Bridge, que cruzamos para coller o noso tren de volta a Eltham. E, como non, fixemos amigos na estación.

2014-11-29 17.55.13

Agora toca descansar para ter mañá outro diá cheo de aventuras.

Un saudo, as monitoras de Eltham; Alba, Eva e Alba.

 

Segundo día en Eltham

ELTHAM

Boas noites familias,

Hoxe tivemos un día tranquilo e moi interactivo. Todas as nenas aprenderon como chegar ata a escola e pasaron un bo rato nas clases de inglés coas profesoras nativas. A actividade da mañá de hoxe consistíu en aprender máis sobre a historia de Eltham e para iso unha das nenas disfrazouse de Catalina de Aragón. Pasamos un bo momento sacando fotos nos diferentes lugares históricos da cidade, como o Eltham Palace, onde viviu Enrique VIII,  ou os xardíns onde mais tarde fixemos o lunch. Tamén aprendimos que as veces facer enquisas sobre a historia local pola rúa non é fácil.

2014-11-28 11.40.382014-11-28 11.39.49Mais tarde, comendo no parque chamounos moito a atención que os esquirois achegabansenos sen problema. Incluso lles dimos de comer a algúns coas nosas propias mans.

2014-11-28 14.14.162014-11-28 14.11.352014-11-28 14.11.59Despois deste bo rato  collimos un bus ata BexleyHeath, o centro comercial da cidade, onde fumos o cine. Alí poidemos ver a última peli dos Hunger Games. A actividade estuvo ben pero en canto a película houbo opinions de todos os tipos.

Finalmente voltamos a Eltham nun dos típicos buses vermellos ingleses de dous pisos. As familias recolleronnos na escola e outras esperabannos na casa, polo que algunhas tivemos que coller o bus.

E isto foi todo por hoxe, mañá esperamos pasar un bo día en Londres.

Un saúdo, as monitoras Alba, Eva e Alba.

Primer dia y llegada a Eltham

ELTHAM

Bos dias familias, bos dias Vigo.

Despois dunha longa viaxe, porfin estamos instaladas. As rapazas xa coñecen as suas familias e hoxe pola maña asistiron o primeiro dia declases intensivas de ingles. Mirade que ben lles senta o uniforme.

2014-11-27 08.43.422014-11-27 08.50.05

Onte foi un dia longo. Despois de dous avions e duas horas de atascos interminables que forman oarte do dia a dia londinense, chegamos o Goals Center de Eltham onde nos esperaban as familias.

Osprimeiros dias as familias acompañarannas nos desplazamentosy asi empezou o noso segundo dia.

Hoxe comezamos as clases intensivas de inglés no Eltham Hill School, onde nos recibiron cos brazos abertos. As profesoras do instituto organizaron unha moi boa actividade con nós que nos axudou a mellorar as nosas habilidades orais de inglés, ó que nos permitiu completar a actividade de Orientation Tour of Eltham. Nesta actividade comunicámonos con ingleses nativos para aprender máis sobre Eltham, coñecer os seus edificos máis importantes e os mellores lugares para comer, entre outros.

Despois do noso primeiro lunch no colexio nos diriximos en bus ata o Maritime Museum onde aprendimos un montón sobre a historia naval e pesqueira de Inglaterra. Gustounos bastante que fora un museo interactivo.

Mais tarde visitamos o Greenwich Market onde poidemos encontrar diversas antigüidades, cousas feitas a man e fotografías.

Foi un dia longo e agora toca descansar para mañá.

Un saúdo das monitoras