Segundo día en Eltham

ELTHAM

Boas noites familias,

Hoxe tivemos un día tranquilo e moi interactivo. Todas as nenas aprenderon como chegar ata a escola e pasaron un bo rato nas clases de inglés coas profesoras nativas. A actividade da mañá de hoxe consistíu en aprender máis sobre a historia de Eltham e para iso unha das nenas disfrazouse de Catalina de Aragón. Pasamos un bo momento sacando fotos nos diferentes lugares históricos da cidade, como o Eltham Palace, onde viviu Enrique VIII,  ou os xardíns onde mais tarde fixemos o lunch. Tamén aprendimos que as veces facer enquisas sobre a historia local pola rúa non é fácil.

2014-11-28 11.40.382014-11-28 11.39.49Mais tarde, comendo no parque chamounos moito a atención que os esquirois achegabansenos sen problema. Incluso lles dimos de comer a algúns coas nosas propias mans.

2014-11-28 14.14.162014-11-28 14.11.352014-11-28 14.11.59Despois deste bo rato  collimos un bus ata BexleyHeath, o centro comercial da cidade, onde fumos o cine. Alí poidemos ver a última peli dos Hunger Games. A actividade estuvo ben pero en canto a película houbo opinions de todos os tipos.

Finalmente voltamos a Eltham nun dos típicos buses vermellos ingleses de dous pisos. As familias recolleronnos na escola e outras esperabannos na casa, polo que algunhas tivemos que coller o bus.

E isto foi todo por hoxe, mañá esperamos pasar un bo día en Londres.

Un saúdo, as monitoras Alba, Eva e Alba.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *