Tarde en Bromley

ELTHAM

Bos días familias,

Nos por aquí ben, imos pouco a pouco adpatándonos a rutina da escola e coñecendo máis compañeiras. E é que estas inglesas sonche moi modernas, mentres que unhas acceden ó buffet coa pegada dixital, outras temos uns códigos pins personalizados. Hoxe na comida disfrutamos dun bo plato de xamón asado con patacas, e de postre deliciosa tarta de chocolate, case mesmo coma na casa. Aínda asi algunhas rapazas empezan a botar de menos a cociña dos seus pais, sobre todo as recetas típicas da estación, como os produtos da horta, as tortillas ou as filloas.

E mentras que unhas botan de menos a comida outras comezan a darse de conta das diferencias entre os sistemas educativos español e inglés. Como por exemplo as diferenzas curriculares e estructurais porque, tal e como dixo unha compañeira `A elas ensinanlles a pensar` Outra diferenza é que se centran por igual nas asignaturas teóricas como nas artísticas, ó que puidemos comprobar asistindo a teatro, drama, arte y pintura.

Pola tarde fomos hacia o sur, esta vez para visitar a cidade próxima de Bromley. Onde pasamos unha tarde relaxada coñecendo un pouco os arredores. Algunhas aprobeitamos para facer algunhas compras máis.

Despois de todo isto, voltamos as nosas casas para descansar e resgardarnos do frío, que as temperaturas aquí seguen baixando.

Un saúdo, as monitoras.

Ver la galería de fotos de Eltham

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *