Primer dia y llegada a Eltham

ELTHAM

Bos dias familias, bos dias Vigo.

Despois dunha longa viaxe, porfin estamos instaladas. As rapazas xa coñecen as suas familias e hoxe pola maña asistiron o primeiro dia declases intensivas de ingles. Mirade que ben lles senta o uniforme.

2014-11-27 08.43.422014-11-27 08.50.05

Onte foi un dia longo. Despois de dous avions e duas horas de atascos interminables que forman oarte do dia a dia londinense, chegamos o Goals Center de Eltham onde nos esperaban as familias.

Osprimeiros dias as familias acompañarannas nos desplazamentosy asi empezou o noso segundo dia.

Hoxe comezamos as clases intensivas de inglés no Eltham Hill School, onde nos recibiron cos brazos abertos. As profesoras do instituto organizaron unha moi boa actividade con nós que nos axudou a mellorar as nosas habilidades orais de inglés, ó que nos permitiu completar a actividade de Orientation Tour of Eltham. Nesta actividade comunicámonos con ingleses nativos para aprender máis sobre Eltham, coñecer os seus edificos máis importantes e os mellores lugares para comer, entre outros.

Despois do noso primeiro lunch no colexio nos diriximos en bus ata o Maritime Museum onde aprendimos un montón sobre a historia naval e pesqueira de Inglaterra. Gustounos bastante que fora un museo interactivo.

Mais tarde visitamos o Greenwich Market onde poidemos encontrar diversas antigüidades, cousas feitas a man e fotografías.

Foi un dia longo e agora toca descansar para mañá.

Un saúdo das monitoras

 

 

3 pensamientos en “Primer dia y llegada a Eltham

      • Pues se ve que las chicas de eltham no son aficionadas a la fotografia, pues mientras que otros grupos ya colgaron fotos de la llegada y del primer día de estancia, el grupo de eltham no colgó ninguna.
        Saludos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *