Luns 1 de Outubro: Búsqueda do tesouro en Londres

ELTHAM

Hola familias,

Hoxe voltamos a escola despois dunha fin de semana londinense. Pola mañá tivemos a última clase intensiva de inglés e mañá comezaremos as clases coas nosas buddies, ás que acompañaremos nas súas asignaturas. Algunhas das rapazas mostráronse nerviosas ó longo do día pola incertidume de como serán as súas mentoras durante o que queda de estancia. Non obstante, para facilitarnos o proceso de integración, a organización local e a escola sorprendéronnos coa boa nova de que  compartiremos con elas o buffet do almorzo a partir de agora.

IMG_20141201_233744

IMG_20141201_233854

E resumíndovos un pouco o día de hoxe, contarémosvos que pasamos a tarde en Londres. Esta vez tocounos descubrir o Covent Garden coa excusa de xogar á busca do tesouro. As rapazas tiñan que respostar preguntas-pista que lles axudaron a coñecer secretos de Londres. O premio foi simbólico, pero o grupo pasouno ben e disfrutou da actividade.

IMG_2645

A hora da volta foi mais rápida que a de onte, xa que Londres entre semana está moito máis tranquilo…aunque algunhas das rapazas non querian volver porque a preestrea mundial de The Hobbit e a semana da moda, á que ó parecer asistían  George Clooney, Kate Moss e os Beckham, estaban a celebrarse.

IMG_2648

Mañan toca visita ó British Museum, pero despois da escola…que primeiro hai que coñecer ás buddies!!!

Ata mañá!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *