Meridianas tardes, Greenwich

ELTHAM

Bos dias Vigo,

Hoxe coma xa ven sendo costume, as rapazas asistiron a clase pola mañá. O certo é que a valoración xeral da experiencia está sendo positiva tanto no que respecta ás súas compañeiras inglesas, coma ás materias impartidas. Algunhas das nosas estudiantes pensan que é moi boa idea que as instalacions da escola poidan usarse mais tarde das tres (a biblioteca pode usarse para estudiar cando rematan as clases); outras están sorprendidas pola forma na que se imparten as clases, e outras porque fixeron amigas moi rápidamente e non esperaban tal cousa.

En canto ás actividades de tarde, onte quedamos por aquí cerca. Despois de sair das clases, diriximonos a Greenwich a contemplar as vistas que hai dende o Royal Observatory, onde se ubica o primeiro meridiano, que no seu día foi o punto de referencia para establecer as diferencias horarias entre países. O día estaba nublado e facía moito frío pero aínda así aproveitamos para facer fotos co skyline de Greenwich.

IMG_2691IMG_20141205_125652

IMG_2711-1IMG_2696

Despois aproveitamos para baixar a ver o Cutty Sark, coñecido por ser un barco mercante que pertencía á mariña británica e que importaba té dende a China. No seu tempo batiu o récord de travesías a través dos océanos de todo o planeta. Actualmente atópase  totalmente restaurado no paseo King Williams.

IMG_20141205_130415

E despois de moito frío e dun día nublado, dirixímonos ás nosas casas a permanecer quentiñas. Hai que coidarse para o Winter Wonderland de Hyde Park e para afin de semana.

Ata mañá, lectores

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *