Rematando a semana en Hyde Park

ELTHAM

Boas e frías noites,

Parece mentira pero hoxe xa é venres, pouco a pouco os días están empezando a pasar máis rápido. E iso axuda a consolidar as nosas rutinas.

Coma sempre, as rapazas pasaron a mañá na escola, onde algunhas delas tiveron clases de danza, outras exames e arte. Ademais ante a posibilidade de cambio de horario, un sector das rapazas manifestou a sua conformidade coas asignaturas que teñen agora. Por aquelo de non estar todo o día na escola, pola tarde tamén dedicamos tempo o ocio, visitando Hyde Park. Este parque é coñecido por ser o pulmón verde da cidade de Londres, e nesta época do ano está especialmente ambientado con adornos navideños. O Winter Wonderland, que así é como se coñece esta ambientación, tamén inclue atraccións, postos de comida navideña e de regalos de nadal. As rapazas disfrutaron moito das atraccións (caida libre, montaña rusa, noria, carrusel, casa do terror, etc) e tamén dos postos de comida como gofres, comida rápida, mazas de caramelo, e incluso castañas e churros. O que mais lles chamou a atención foi a neve artificial, cuns simples oolvos máxicos e auga puideron ter neve nas súas mans.

IMG_0051IMG_0036IMG_0038

Despois de toda a tarde disfrutando no parque, voltamos a casa para resgardarnos do frío, xa que as temperaturas baixan cada día máis, e tamén para descansar para mañá, que nos espera Oxford.

Un saúdo, as monitoras

2 pensamientos en “Rematando a semana en Hyde Park

  1. Buenas noches!!!
    Se ve que lo estais pasando de maravilla!!!!
    Disfrutamos mucho desde Vigo viendo todas las fotografías que colgais, y siguiendo vuestros pasos.
    Qué bonito Hyde Park en Navidad.
    Gracias por mantenernos tan bien informados!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *