29 de noviembre: Todo o día en Londres, primeiro sábado

ELTHAM

Hola familias e amigos,

Hoxe temos moi boas noticias, a excursión a Londres foi moi completa e divertida. Saimos de Eltham as nove e media da mañá en tren ata Londres e baixamonos na estación de London Bridge, onde fixemos trasbordo para coller o metro ata Westminster. Foi unha experiencia para moitas nenas estar nun tren subterráneo.

2014-11-29 10.08.532014-11-29 10.45.40

Unha vez en Westminster encontramonos con outro grupo de Vigoeningles. Deben estar sendo uns dias moi intensos porque se alegraron moito de verse.

Comezamos polo Big Ben, continuando coa abadia de Westminster. Grazas a nosa guia aprendimos mais sobre a importancia deste lugar na historia de Inglaterra. Continuamos ata St James Park,  un parque coñecido por estar habitado por pelicanos. De ahi fomos ata Buckingham Palace, ainda que so chegamos para ver o final do cambio da garda real británica.

IMG_20141130_0059022014-11-29 11.22.30

Despois dun merecido descanso para xantar, emprendemos camiño ata Trafalgar Square, onde nos detivemos para sacarnos unhas cantas fotos e intentar subir os leons. Algunhas costoulle pero o final todas o conseguiron.

2014-11-29 13.41.222014-11-29 13.46.08

Seguimos camiñando ata Picadilly Circus onde tivemos tempo para facer algunhas compras, pero non demasiadas porque mañá volveremos conquistar Londres. Tamén houbo tempo para coñecer `personaxes` locais, porque en Londres, a cidade de máis de nove millóns de habitantes, hai para todolos gustos.

2014-11-29 15.19.18

Continuando co tour a pé, chegamos ata Waterloo bridge, dende onde nos puidemos sacar fotos co London Eye de fondo.

2014-11-29 15.50.43

Camiñando a beira do Tamesis, chegamos ata o Tower Bridge, que cruzamos para coller o noso tren de volta a Eltham. E, como non, fixemos amigos na estación.

2014-11-29 17.55.13

Agora toca descansar para ter mañá outro diá cheo de aventuras.

Un saudo, as monitoras de Eltham; Alba, Eva e Alba.

 

Un pensamiento en “29 de noviembre: Todo o día en Londres, primeiro sábado

  1. ¡¡Que envidia me dais!! Esto es solo el comienzo de la estancia, aun os quedan un montón de visitas interesantes que hacer. Tenéis un calendario de actividades que es un lujazo. Disfrutadlo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *