¡Esto va a comenzar!

¡Buenas tardes familias!

Mi nombre es Andrés y acompañaré a los estudiantes destinados en Wonford las próximas tres semanas.

Tengo 32 años y he participado como monitor en este programa el año pasado. Me gusta el cine, los videojuegos y por supuesto los idiomas. También he hecho estancias en Irlanda y Bélgica.

Ya faltan unas pocas horas para que esto comience así que revisad vuestras maletas y no os olvidéis nada, sobretodo útiles importantes como los imprescindibles para viajar: el permiso paterno junto con el DNI/pasaporte.

Y con esto y un bizcocho… nos vemos mañana por la mañana.

WONDFORD 07/10/2017 – BATH

Bos días familias!

Hoxe é o último día de blog xa que mañá é domingo e pasaremos o día cada un facendo diferentes cousas, e o luns xa toca volta e os poderemos contar todo en persona.

Tivemos a última saída de sábado a… BATH! A verdade é que o tempo non acompañou moito, pero fixemos un pequeno tour pola cidade para ubicarnos e coñecer as zonas máis importantes baixo capuchas e paraugas e logo xa comezou a sair o sol.

Despois do tour comemos o noso LUNCH e tivemos tempo libre para facer o que máis nos apetecera (comprar, pasear, ver partido de rugby…)

Despois de todo iso outras dúas horas de bus de volta e… a disfrutar do último sábado antes de comezar a vida real.

Moitas grazas a todXs por esta aventura!!

WONDFORD 06/10/2017 – DESPEDIDAS E FESTA

Bos días familia!!

Derradeiro día de colexio… e aínda que foramos puquiñXs imos botar de menos estar aquí… Fotos xunto Xs compañeirXs para levarnos un recordo, cambio de instagrams, entrega de medallas, etc. Esta experiencia mereceu a pena sen ningunha dúbida.

Pola tarde a tan esperada festa final!!

Todos os grupos estivemos na discoteca de Exmouth bailando e cantando coma tolXs. As monitoras regaláronnos unhas pulseiras fluorescentes e un montón de sorpresas, congas e bailes.

Chegaron as primeiras bágoas por pena, porque esta experiencia está sendo moi positiva para todXs nós.

3 días…. 🙁

UN BICO FAMILIA

WONDFORD 05/10/2017 – MUSEELS

Bos días familia!

Parece que estes últimos días veñen cargadiños de raios de sol, por iso despois de pasar a mañá no colexio fumos preto da praia.

Alí estivemos nun restaurante para probar os MUSSELS (mexillóns) e aínda que son bastante diferentes de tamaño ós que temos na ría, gustáronnos moitísmo. Tiñan unha salsa de nata, cebola, allo e limón. O máis extraño de todo foi comer unhas patacas fritidas cos mexillóns… unha mestura moi pouco vista!!

 

Despois fixemos un pequeno xogo de fotos pola costa. Deixámosvos a foto das vencedoras… NORABOA EQUIPO!!!

Mañá moitísimo máis e con moita enerxía que xa queda pouco

4 días…

UNHA APERTA

WONDFORD 04/10/2017 – EXETER UNIVERSITY

Bos días familia!!

A próxima semana xa estaremos no noso colexio… a verdade é que non temos ganas ningunhas de voltar 🙁

Hoxe no colexio cambiamos de grupos e pola tarde visitamos a universidade de Exeter. É unha universidade moi importante en Reino Unido e a nivel mundial.

Estivemos toa a tarde visitando os diferentes campus (Bioloxía, Deportes, Economía…) e fixemos un pequeno xogo que nos preparou Header con un mapa para coñecer todos os rincóns da universidade.

No tempo do xogo tamén fotos comprar algúns regaliños para ter un recordo.

Voltamos ó centro de Exeter en bus e logo para Exmouth collimos un tren. Somos todos uns expertos no transporte público de Exeter.

Un saludo familia!

FALTAN 5 días…

WONDFORD 03/10/2017 – JURASIC COAST

Bos días familia!!

Estamos a piques de rematar a nosa estancia. Nótase que é a última semana xa que empezamos a notar todo o que botaremos de menos os privilexios que temos aquí.

Hoxe o día estivo moi soleado, tivemos moita sorte xa que a actividade da tarde foi un paseo pola Jurasic Coast.

Camiñamos durante máis dunha hora coa nosa monitora nativa Header que nos iba contando moitas curiosidades.

Chegamos a un sitio moi alto onde puidemos sacar unhas fotos espectaculares para as nosas redes sociais.

A caminata foi moi bonita e veunos ben para dixerir todo o chocolate que estamos a papar estes días. Para rematar a saída, unha paradiña no parque e… A XOGAR!!

Faltan 6 días…

WONDFORD 02/10/2017 – art & CREAM TEA

Bos días familia!!

Xa estamos de volta da fin de semana. A verdade é que os domingos préstannos demasiado e os madrugóns para o colexio moi pouco.

Hoxe tivemos coma todos os luns clase de arte e fixemos unhas obras… que lle encantaron á profesora.

O rematar a escola regresamos a Exmouth para coller o tren que nos levaría a probar o delicioso CREAM TEA. Foi unha tarde moi inglesa disfrutando da nosa hora do te, fomos uns auténticXs inglesXs, uns señores e unhas señoras!

Para rematar o día paseamos polo porto de Topsham, un lugar marabilloso no que tivemos a mala sorte de que comezara o mal tempo. Foi o noso día de “mala sorte” xa que se cancelaron dúas veces os trens de volta… pero finalmente conseguimos chegar e estamos sans e salvos.

Vémonos mañá!!!

 

UNHA APERTA FAMILIA

WONDFORD 30/09/2017 – BRISTOL

Bos días familia!!

Como andades?? Disfrutade moito da fin de semana tal e coma fixemos nós hoxe en….

BRISTOL!!!!

Hoxe non tivemos que madrugar tanto coma cando imos o colexio, pero aínda así levantámonos para coller o bus as 08:30 da mañá!! (estamos feitos uns madrugadores profesionais)

Dúas horas de autobús para chegar a Bristol. O noso conductor foi moi TOP! Facíanos de guía polo seu micrófono para que durante a viaxe tamén aprendéramos cousas.

Cando chegamos a Bristol fomos a un museo que tiña moita información sobre a cidade, estivemos alí durante unha hora aproximada coa sorte de que xusto ó lado había grupos de danza tradicional bailando. Estivemos vendo un rato e logo marchamos para o punto de encontro.

O noso guía deunos un mapa e deunos unhas instruccións básicas de onde estaban situados os puntos de interese, despois fomos libres para facer o que quixemos durante un tempo. Algúns fomos de compras, outros a ver os debuxos de Bansky, outros camiñamos pola cidade…

Finalmente nos xuntamos todos, sacamos as fotos de protocolo e… VOLTA PARA EXMOUTH!!

Mañá xa é domingo, día de descansar e estar coas nosas familias!

UN BICO XENTE!

WONDFORD 29/09/2017 – MOCKTAIL & POOL

Bos días familia!!

Hoxe cerramos a segunda semana de clases. Isto pasa moi rápido e nos imos dando conta cando vemos que a próxima semana xa é a última…

Pola mañá disfrutamos un montón no colexio. Aínda que soe raro en realidade o facemos, xa que aínda que levemos xa dúas semanas cada día descubrimos cousas novas.

A actividade da tarde foi tranquila pero divertida. Fumos a un bar chamado SPOKE a facer “mocktails”. Dividímonos en dous grupos xa que somos moitos, e mentres uns facían os macktails outros descubríamos o pool, un xogo moi parecido ó billar típico de reino unido.

Deixámosvos unhas fotiños por aquí…

Xa vos daremos a receita cando cheguemos a Vigo.

UNHA APERTA MOI GRANDE!!

P.D: Mañá temos excursión!!!

WONDFORD 28/09/2017 – ATA A CIMA

Bos días familia!!

Hoxe foi un día moi interesante. Coma todas as mañás, fomos ó colexio, xogamos e aprendemos un montón de cousas.

Cando rematamos non volvimos en bus a Exmouth coma todos os días, senón que fomos a Exeter andando para facer escalada no Quay Climbing Centre. Antes diso fixemos un pequeno descanso para disfrutar do sol á beira do río.

Logo xa nos colocaron os arneses e…. a ESCALAR!!

A verdade é que o sitio é incrible e o pasamos pipas. MoitXs de nós comezamos con moitísimo medo, pero logo non queríamos parar. Veremos se mañá temos maniotas!!

 

Mañá máis e esperamos que mellor.

UN SAÚDO!!!