WONDFORD 03/10/2017 – JURASIC COAST

Bos días familia!!

Estamos a piques de rematar a nosa estancia. Nótase que é a última semana xa que empezamos a notar todo o que botaremos de menos os privilexios que temos aquí.

Hoxe o día estivo moi soleado, tivemos moita sorte xa que a actividade da tarde foi un paseo pola Jurasic Coast.

Camiñamos durante máis dunha hora coa nosa monitora nativa Header que nos iba contando moitas curiosidades.

Chegamos a un sitio moi alto onde puidemos sacar unhas fotos espectaculares para as nosas redes sociais.

A caminata foi moi bonita e veunos ben para dixerir todo o chocolate que estamos a papar estes días. Para rematar a saída, unha paradiña no parque e… A XOGAR!!

Faltan 6 días…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *