WONDFORD 30/09/2017 – BRISTOL

Bos días familia!!

Como andades?? Disfrutade moito da fin de semana tal e coma fixemos nós hoxe en….

BRISTOL!!!!

Hoxe non tivemos que madrugar tanto coma cando imos o colexio, pero aínda así levantámonos para coller o bus as 08:30 da mañá!! (estamos feitos uns madrugadores profesionais)

Dúas horas de autobús para chegar a Bristol. O noso conductor foi moi TOP! Facíanos de guía polo seu micrófono para que durante a viaxe tamén aprendéramos cousas.

Cando chegamos a Bristol fomos a un museo que tiña moita información sobre a cidade, estivemos alí durante unha hora aproximada coa sorte de que xusto ó lado había grupos de danza tradicional bailando. Estivemos vendo un rato e logo marchamos para o punto de encontro.

O noso guía deunos un mapa e deunos unhas instruccións básicas de onde estaban situados os puntos de interese, despois fomos libres para facer o que quixemos durante un tempo. Algúns fomos de compras, outros a ver os debuxos de Bansky, outros camiñamos pola cidade…

Finalmente nos xuntamos todos, sacamos as fotos de protocolo e… VOLTA PARA EXMOUTH!!

Mañá xa é domingo, día de descansar e estar coas nosas familias!

UN BICO XENTE!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *