WONDFORD 02/10/2017 – art & CREAM TEA

Bos días familia!!

Xa estamos de volta da fin de semana. A verdade é que os domingos préstannos demasiado e os madrugóns para o colexio moi pouco.

Hoxe tivemos coma todos os luns clase de arte e fixemos unhas obras… que lle encantaron á profesora.

O rematar a escola regresamos a Exmouth para coller o tren que nos levaría a probar o delicioso CREAM TEA. Foi unha tarde moi inglesa disfrutando da nosa hora do te, fomos uns auténticXs inglesXs, uns señores e unhas señoras!

Para rematar o día paseamos polo porto de Topsham, un lugar marabilloso no que tivemos a mala sorte de que comezara o mal tempo. Foi o noso día de “mala sorte” xa que se cancelaron dúas veces os trens de volta… pero finalmente conseguimos chegar e estamos sans e salvos.

Vémonos mañá!!!

 

UNHA APERTA FAMILIA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *