WONDFORD 28/09/2017 – ATA A CIMA

Bos días familia!!

Hoxe foi un día moi interesante. Coma todas as mañás, fomos ó colexio, xogamos e aprendemos un montón de cousas.

Cando rematamos non volvimos en bus a Exmouth coma todos os días, senón que fomos a Exeter andando para facer escalada no Quay Climbing Centre. Antes diso fixemos un pequeno descanso para disfrutar do sol á beira do río.

Logo xa nos colocaron os arneses e…. a ESCALAR!!

A verdade é que o sitio é incrible e o pasamos pipas. MoitXs de nós comezamos con moitísimo medo, pero logo non queríamos parar. Veremos se mañá temos maniotas!!

 

Mañá máis e esperamos que mellor.

UN SAÚDO!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *