EASTBOURNE – 27 de setembro, 2017

Hello!!

Hoxe tocou desfrutar da música no Music Club do cole.

Grazas a un dos teachers da Willingdon School fumos capaces de crear a banda sonora dunha cortometraxe por nós mesmos!!

01-music-club 02-music-club

Foi unha experiencia xenial!! Puidemos gravar unha melodía combinando os sons de diferentes instrumentos, creando o noso propio ritmo acorde coa imaxe. Saíronnos cousas moooooooooooooi orixinais 😀

03-music-club

04-music-club 05-music-club 06-music-club

Rematamos a sesión compartindo as nosas creacións cos compañeiros. Aquí tedes un exemplo:

Esperamos que vos guste!! Ca próxima xa gañaremos algún premio 😛

Xandra e Uxía.

EASTBOURNE – 26 de setembro, 2017

Aquí retransmitindo dende Eastbourne!!

Hoxe tivemos unha tarde typically British, ao saír de clase fumos tomar o cream tea das cinco!! Os scone (tipicos pasteliños para acompañar o te) estaban deliciosos coa manteiga, a marmelada e a Clotted Cream… mmmmmm 😛

01-cream-tea 02-cream-tea 03-cream-tea

Xa somos todos uns expertos en British etiquette: sabemos todo o necesario para que nos inviten a tomar o próximo te en Buckingham Palace con Will e Kate hehehehe 😀

04-cream-tea 05-cream-tea

Para variar, algúns de nós rematamos o día pasando polo Primark antes de coller o bus para casa. Cada día atopamos cousas que nos gustan máis, queremos que abran un en Vigo xa! hahahaha 😀

06-cream-tea

Agora toca xa descansar, vémonos mañá amigos!!

Xandra e Uxía.

EASTBOURNE – 25 de setembro, 2017

Hoxe é luns. Toca volver á rutina despois desta fin de semana tan axetreada!

Estivemos en clase toda a mañá, e pola tarde tocounos computing. Aprendimos cousas moi interesantes sobre como programar un videoxogo. Deixámosvos un enlace para que podades comprobalo aquí, xa que hai algúns moi divertidos como o de Moana, o Minecraft, etc.

Tamén tivemos tempo para rematar a presentación sobre Vigo que comezamos a semana pasada.

01-computing 02-computing 03-computing

Despois deste longo día de traballo, algúns decidimos ir ao parque a desestresarnos 😛

whatsapp-image-2017-09-25-at-9-41-14-pm

Mañá será un novo día, manterémosvos ao tanto!!

Xandra e Uxía.

EASTBOURNE – 24 de setembro, 2017 – DAY OFF

Os domingos inventáronse para descansar, así que hoxe nin madrugamos nin fumos a clase 😛

Como tivemos todo o día libre, pasamos tempo cas nosas host families, pero tamén quedamos cos nosos amigos e incluso con algunha das nosas buddies!!

03-playa

Fixo un día xenial, polo que moitos aproveitamos para descansar tamén do pack lunch e comimos o típico fish and chips na praia!!

01-fish-and-chips

Aínda que tamén houbo quen preferiu pizza.

02-pizza

06-pizza

Ademais, hoxe foi o aniversario da nosa amiga Noemi. Algúns puidemos celebralo con ela, tamén comendo pizza hehehe (nin que estivéramos en Italia… hahaha)

07-cumple-noemi

Parabéns Noemi!!!! 😀 😀

Xandra e Uxía

EASTBOURNE 2017- 23 de setembro… LONDON!!!

HELLO!!!

Hoxe foi un día moi especial para todos, algúns visitábamos Londres por primeira vez!! Qué nervios!!

A viaxe en tren fíxosenos interminable, non podíamos esperar máis!

00-train

Cando despois de case dúas horas en tren chegamos á Victoria Station cambiounos a cara, a poucos metros estaba Buckingham Palace (sen a raíña heheheh). Tiñamos moitas ganas de ver o cambio de garda, pero por obras na zona non foi posible 🙁

Mirade que guapos estamos todos uniformados!!

01-buckingham-palace

Continuamos o noso paseo por St. James Park, onde nos atopamos cos típicos esquíos londinenses!! Que bonitos son!!

02-st-james-park

dsc01071_opt

A nosa ruta levounos ata Westminster Abbey, posiblemente a igrexa máis famosa de todo Inglaterra, onde foron coroados case todos os reis británicos. Atopámonos aquí con outro grupo de Vigo en Inglés e aproveitamos para sacar unha foto todos xuntiños 😛

03-westmister 05-westminster

A seguinte parada foi o Big Ben. Unha mágoa que estivese en obras, xa case parece a catedral de Santiago 😀 Ata dentro de catro anos a súa campá non volverá a sonar, así que xa temos excusa para volver a Londres no 2021!!

06-big-ben

O noso activity leader, Matt, explicounos que a súa campá está a ser restaurada

O noso activity leader, Matt, explicounos que a campá do Big Ben está a ser restaurada

09-selfie-revolution

Selfie Time!

A mañá rematou paseando á beira do río Támesis, onde puidemos contemplar unha das vistas máis icónicas da City: o London Eye… unha pena non ter tempo para subir 🙁

08-london-eye

Pola tarde tivemos tempo para visitar Trafalgar Square, Picadilly Circus, Covent Garden… e para ir de shopping por Oxford Street!!

10-victoria-station

O certo é que rematamos o día bastante cansos, pero sen dúbida mereceu a pena!! Voltaremos!!!

Greetings from London

Xandra e Uxía

 

EASTBOURNE 2017 – 22 de setembro, 2017

Boas noites, queridos lectores!!

Hoxe foi un día mooooooi longo, aínda que pagou a pena! Pola mañá participamos nunha camiñada solidaria polo countryside de Eastbourne:

01-esperando-para-salir-de-caminata

Cada ano, a Willingdon School organiza este paseo para recadar fondos, a causa escollida para este curso foi axudar aos nenos enfermiños de cáncer. Participamos todos os estudantes e profes da escola.

02-de-caminata 03-de-caminata

O “paseíño” foi de case 20km!! Estivemos camiñando unhas catro horas, pero co bonita que era a paisaxe sen dúbida pagou a pena!!

04-de-caminata 06-descanso-lunch 08-casi-al-final

Algúns dos nosos compis ingleses fixeron o percorrido disfrazados e ademáis levaban musicote para amenizar o traxecto, mirade aquí!!!. Nós, como podedes ver, prefirimos ir vestidos de Vigo en Inglés mentres nolo permitiu o tempo!!! 😛

07-mario

Ao final do camiño esperábanos unha grata recompensa: burgers e hot dogs para todos no cole!! Todo súper rico, despois de tantos km caíasenos a baba!!! 😀

09-recompensa 10-recompensa

Esperamos non ter demasiadas maniotas mañá, porque nos agarda outro día intenso: temos excursión a Londres!!

Se volvemos ímosvos contando, aínda que igual quedamos alá!!! 😛

 

EASTBOURNE – 21 de setembro, 2017

Aquí estamos outra vez para os nosos queridos lectores!!

Hoxe foi un día diferente. Aínda que pola mañá fumos a clase como todos os días, pola tarde a música de Ben Rusell And The Charmes trasladounos ata Jamaica grazas ao seu concerto de reggae 😉

01-concierto-blog 02-concierto-blog

Tivemos un concerto case privado, foi xenial!! Puidemos bailar, cantar, e incluso sacar unha foto cos artistas!! 😉

03-concierto-blog

A tarde foi moi longa. Puidemos tamén xogar ao tenis de mesa nas instalacións do cole, charlar cos nosos compis e pasar un bo rato todos xuntos! 😀

04-concierto-blog 05-pin-pong 06-after-party 06-after-party

 

Mañá agárdanos un día duro, gardaremos forzas para contarvos!

Xandra e Uxía

EASTBOURNE – 20 de setembro, 2017

Hi everybody!

Aquí estamos de novo, corresponsales desde Eastbourne!

A pesar do mal tempo, hoxe puidemos desfrutar dunha divertida tarde ao aire libre! Todos sabemos que os galegos somos mellores xogando ao fútbol cos ingleses, pero aínda así tivemos que demostrarllo 😉

05-deporte

Mirade que equipazo!!! Cunha canteira así é imposible perder!!

01-equipo-blog

Imos volver todos en forma á casa! Como podedes ver, algún dos nosos buddies intentou facernos a competencia sen moito éxito hehehe 😀

03-deporte 04-deporte

02-deporte

Por outra banda, e aproveitando que estábamos todos en modo sport, conseguimos que a nosa amiga Zaida nos ensinase algunha das coreografías do seu grupo de baile! É toda unha profesional!

06-baile-zaida-blog

Mañá cambiaremos o deporte pola música. Manterémosvos informados!!

That’s all folks!! 😀

Xandra e Uxía

 

EASTBOURNE- 19 de setembro, 2017

Ola a todos!

Hoxe martes foi un día moi completiño, cando rematamos as clases collemos un autobús cara o centro de Eastbourne (aínda nos costa un pouquiño entender o sentido do tráfico inglés hahaha 😉 )

01-esperando-el-bus-en-el-otro-lado-de-la-calle-blog

A actividade de hoxe foi unha Treasure Hunt. Coñecimos detalles curiosos da cidade e tivemos a oportunidade de falar cos seus habitantes. Quen será o gañador da caza do tesouro? Estamos impacientes por saber que premio nos agarda!!

02-treasure-hunt-blog

A visita ao centro da cidade serviunos tamén para facer as primeiras compras 😀

04-compras-blog

Para repoñer forzas tras esta dura xornada de traballo 😉 , algúns rematamos o día zampando no KFC (xa vos podedes imaxinar que rico estaba todo!!!)

06-cena-blog

Saúdos amigos!!

Xandra e Uxía.

EASTBOURNE, 18 de setembro, 2017

Hoxe foi un día moi emocionante para todas: o noso primeiro día de clase como alumnas na Willingdon Community School!!

Mirade que guapas estamos cos nosos uniformes, xa estamos totalmente integradas!

01-primer-dia-en-el-cole-blog

Nada máis chegar coñecimos aos nosos buddies, visitamos as instalacións do centro e asistimos ás súas clases… as mates non entenden de idiomas hahah 😉

Para rematar o día tivemos actividades extraescolares. Hoxe, luns, tocounos Computingonde creamos un avatar de nós mesmas e comezamos a preparar un Power Point acerca da nosa cidade: Vigo.

07-computing-blog

09-computing-blog010-computing-blog011-computing-blog

Mañá máis e mellor!! 🙂 Saúdos desde Eastbourne!