EASTBOURNE 2017- 23 de setembro… LONDON!!!

HELLO!!!

Hoxe foi un día moi especial para todos, algúns visitábamos Londres por primeira vez!! Qué nervios!!

A viaxe en tren fíxosenos interminable, non podíamos esperar máis!

00-train

Cando despois de case dúas horas en tren chegamos á Victoria Station cambiounos a cara, a poucos metros estaba Buckingham Palace (sen a raíña heheheh). Tiñamos moitas ganas de ver o cambio de garda, pero por obras na zona non foi posible 🙁

Mirade que guapos estamos todos uniformados!!

01-buckingham-palace

Continuamos o noso paseo por St. James Park, onde nos atopamos cos típicos esquíos londinenses!! Que bonitos son!!

02-st-james-park

dsc01071_opt

A nosa ruta levounos ata Westminster Abbey, posiblemente a igrexa máis famosa de todo Inglaterra, onde foron coroados case todos os reis británicos. Atopámonos aquí con outro grupo de Vigo en Inglés e aproveitamos para sacar unha foto todos xuntiños 😛

03-westmister 05-westminster

A seguinte parada foi o Big Ben. Unha mágoa que estivese en obras, xa case parece a catedral de Santiago 😀 Ata dentro de catro anos a súa campá non volverá a sonar, así que xa temos excusa para volver a Londres no 2021!!

06-big-ben

O noso activity leader, Matt, explicounos que a súa campá está a ser restaurada

O noso activity leader, Matt, explicounos que a campá do Big Ben está a ser restaurada

09-selfie-revolution

Selfie Time!

A mañá rematou paseando á beira do río Támesis, onde puidemos contemplar unha das vistas máis icónicas da City: o London Eye… unha pena non ter tempo para subir 🙁

08-london-eye

Pola tarde tivemos tempo para visitar Trafalgar Square, Picadilly Circus, Covent Garden… e para ir de shopping por Oxford Street!!

10-victoria-station

O certo é que rematamos o día bastante cansos, pero sen dúbida mereceu a pena!! Voltaremos!!!

Greetings from London

Xandra e Uxía

 

4 pensamientos en “EASTBOURNE 2017- 23 de setembro… LONDON!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *