EASTBOURNE – 7 de outubro, 2017 – Volta a Vigo!

Ola a todos!!

Escribimos esta entrada xa desde o aeroporto, agora si que entramos na derradeira fase da nosa experiencia en Eastbourne. Estamos todos moi tristes, toca volver á realidade 🙁

Tivemos que facer escala en Madrid, donde aproveitamos para quitar as últimas fotos e compartir as nosas vivencias e impresións coas compañeiras que estiveron de inmersión en Bournemouth. Tiñamos tanto que contar que as seis horas pasáronsenos voando (nunca mellor dito, hehehe) 😀

A volta a casa non podía ser mellor, no aeroporto de Vigo estaban todas as nosas familias agardando por nós, e tamén os nosos compis de clase 🙂 Incluso nos fixeron unha pancarta de benvida, parecíamos famosos 😛

Agora sí que toca dicir ata logo! A pesar de que se nos fixo moi curto, nunca esqueceremos todo o vivido e aprendido en Eastbourne 🙂

Queremos aproveitar esta última entrada para agradecervos a todos vós, mais, pais e estudantes (e por suposto, ao Concello de Vigo), por facer estas tres semanas tan curtas e marabillosas. Esperamos vervos pronto 🙂 ❤

Xandra e Uxía

EASTBOURNE – 8 de octubre, 2017 – Pool Party e despedida

Ola a todos!!

Hoxe foi o noso último día en Eastbourne, imos botar moito de menos á cidade e aos amigos que fixemos nela!! Aproveitamos tamén para despedirnos dos nosos buddies

Despois de rematar o noso último día de cole, tivemos unha pool party de despedida. Fumos á piscina de Eastbourne, donde había DJs, tobogáns, ondas artificiais… estivo xenial 😀 aínda que nos fixo un pouquiño curto 🙁

Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!! 😀

Despois de esto, facer maletas non se nos fixo tan duro 😛

EASTBOURNE – 5 de outubro, 2017

Ola a todos!

Hoxe vivimos un acontecemento único nas nosas vidas, tivemos unha audiencia na Willingdon School coas alcaldesas de Polegate e Eastbourne, nin que fóramos o rei e a raíña hahahhaha 😀 O noso cole localízase no límite entre estes dous concellos, polo que decidimos que as dúas políticas tivesen o pracer de coñecernos 😛

Todo o acto foi moi protocolario e non puidemos facer nin as nosas propias fotos, polo que dependemos das que nos envían dende o cole e a organización. É unha mágoa que non poidamos saír todos, pero xa sabedes como son estas cousas e non querían multitudes…

Marco entregoulle á alcaldesa de Polegate o agasallo da cidade de Vigo: un libro das Illas Cíes e un pendrive con vídeos sobre a historia e as costumes da nosa terra. En agradecemento, e a modo de Eastbourne Challenge, levamos para Vigo unha camiseta que pon IEastbourne. Temos que conseguir que Abel Caballero saque unha foto vestindo esta camiseta 😛

Tamén fixemos un brindis a saúde do noso alcalde: por Vigo!!!

EASTBOURNE – 4 de outubro, 2017

 

Boas noites!!

O día de hoxe foi duro, despois de estar toda a mañá no cole, pola tarde fumos mariscar hahaha.

Mariscando 😛

A actividade chamábase Rock Pooling, algo moi típico nas praias de Eastbourne. Consiste en ir polas rochas en busca de cangrexos, peixes, camaróns, caramuxos… unha mariscada en toda regla, vaia hahaha 😀 Eso sí, unha vez rematamos a actividade devolvimos os animaliños ao mar 🙂

Antes de comezar…

En plena acción…

Metidas en faena…

Nós que somos vigueses coñecemos ben a técnica, a isto non nos gaña ninguén!! Os local leaders quedaron abraiados co noso botín hehehe

Esta actividade serviunos para coñecer un pouco máis o entorno natural de Eastbourne, as súas bonitas praias e a fauna e flora que hai nelas. Esperamos que vos gusten as nosas fotos de hoxe!!!

Foto de grupo

Saúdos e ata a próxima!!

Xandra e Uxía

EASTBOURNE – 3 de outubro, 2017

Ola a todos!!

Hoxe tivemos unha actividade moi creativa: unha Photo Competition. Déronnos unha lista de diferentes ideas para ver quen conseguía as mellores fotos, estes ingleses non saben que somos todos uns instagramers 😛

Nesta actividade tiñamos que poñer en práctica a nosa imaxinación, gañarían as fotos máis orixinais!!!

Algunhas das máis simpáticas son estas, nas que deletreamos o nome da cidade de VIGO, hehehe

VIGO

VIGO

VIGO

Noutras tiñamos que deletrear UK

UK

Tamén tivemos que practicar inglés, pedíndolle a profes do cole que sacasen un selfie con nós hehehe

Cun dos profes de Willingdon

Con outra profe 🙂

Outras das cousas que tiñamos que facer foron…

Saltar polo aire…

Atopar unha bandeira de España, fotografiar os escudo do cole…

Con algún buddy…

Unha pirámide humana…

Tamén gañaríamos máis puntos se gravábamos algún video, por exemplo o trailer dunha peli de terror… hehehe…

Se queredes ver máis videos e fotos dos nosos artistas, solo tedes que premer aquí 😀 😀

Ata mañá amigos!!

Xandra e Uxía

EASTBOURNE – 2 de outubro, 2017

Ola a todos!!

Hoxe foi o noso último luns en Eastbourne, pouco a pouco ímonos dando conta de que esta experiencia chega á súa fin, que mágoa 🙁 Quedaríamos aquí o resto do curso 😛

Esta tarde tivemos a nosa derradeira clase de Computing, así que tocou expoñer as presentacións sobre Vigo feitas na primeira semana 😀

Quedáronnos moi chulas!! Aos profes ingleses encantoulles coñecer un pouquiño máis sobre a nosa cidade, e tamén puidemos demostrar como melloramos o noso inglés 😀

Para despedirnos, aproveitamos para deixarvos o enlace onde podedes ver as fotos e vídeos de todo o que facemos, e tamén para recordarvos que comentar no blog é moi fácil hehehe 😛 😛

Vémonos mañá, moitos bicos!!!

Xandra e Uxía

 

 

EASTBORUNE – 1 de outubro, 2017 – Beachy Head

Ola a todos!!

Este domingo pola mañá, en vez de descansar, decidimos ir visitar Beachy Head, un dos parques naturais máis famosos de Inglaterra. A pesar de que o vento era forte e chuviscaba un pouco, puidemos desfrutar dunhas marabillosas vistas sobre os acantilados das Seven Sisters, unha das imaxes naturais máis fermosas e coñecidas do país.

Beachy Head

Beachy Head

Despois de visitar un pouquiño a zona e de sacar unhas fotos, baixamos camiñando cara Eastbourne. O noso paseo rematou na praia, onde puidemos ver os acantilados desde abaixo.

De camiño a Eastbourne

Mirade que vistas!!

O noso guía explicounos que os acantilados están formados de pedra caliza, e que por isto son susceptibles de erosionarse máis facilmente pola acción do vento, da auga,… Tamén nos contou que as pedras que forman a praia de Eastbourne son na súa maioría sílex, o tipo de pedra utilizada na Prehistoria para facer ferramentas e lume. Non puidemos evitar viaxar atrás no tempo e probar a facer lume frotando dúas pedras hehehe. Non o conseguimos que fixera chispa, pero si que cheirara a queimado hahaha 😀 😀

Escadas á praia

Outro punto de vista dos acantilados

Na praia

Quen nos ía dicir que visitaríamos unha praia inglesa en outubro!!

Rematamos a excursión camiñando polas pedras ata chegar ao paseo marítimo de Eastbourne, donde comezou o noso día de descanso 😛

 

Camiñando pola praia

 

Non vos esquezades de comentar, agardámosvos con impaciencia hahaha 😀 😀

Ata a próxima amigos 🙂

EASTBOURNE – 30 de setembro, 2017 – BRIGHTON!!

Boas!!!

O sábado tivemos a segunda das excursións, esta vez a Brighton, unha cidade moi cerquiña de Eastbourne, a tan só media hora en tren. A pesar de que a maioría non sabíamos moito sobre Brighton, sorprendeunos moito, é chulísima!!

Na estación de tren

Nada máis chegar, comezamos a nosa ruta desde a estación de tren e descubrimos que a cidade está chea de cor e graffitis, algúns deles moi famosos, como por exemplo algunha obra de Bansky. Case parecía que estábamos en Vigo pola cantidade de murais que hai decorando as rúas!!

Graffiti de Bansky

Graffitis…

graffitis…

e máis graffitis…

Todos estos graffitis atopánse nas Lanes, a zona máis alternativa de Brighton, chea de tendas de segunda man e de cafeterías moi bonitas, gustounos un montón!! Nada  máis saír desta zona chegamos a un dos monumentos máis coñecidos de Brighton, o Royal Pavilion, un edificio construído polo rei George IV imitando as formas e fachadas do Taj Mahal. O guía contounos un poquiño da súa historia e significado, sorprendeunos moito ver un edificio así no medio dunha cidade inglesa. Precioso!!!

Royal Pavilion, Brighton

O noso paseo levounos ata o Pier de Brighton, moi parecido ao de Eastbourne que xa vístedes nas outras fotos 😀 . O máis guai é que ten dentro un parque de atraccións, pasámolo coma nenos pequenos 😛

Co Pier ao fondo

Desfrutando no parque de atraccións

De volta ao centro da cidade pasamos pola zona vella de Brighton, chea de edificios e tiendas moi curiosos! Pasamos por diante dos dous pubs máis antigos da cidade, levan abertos xa desde o século XVI, case nada 😛

Pubs antigos

Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi Choccy Woccy Doodah, unha tenda onde TODO estaba feito de chocolate de todos os tipos que vos poidades imaxinar, caíasenos a baba!! Tiña todo tan boa pinta que ata Johnny Deep lles pediu que fixesen alí a súa tarta de voda!!

Chocolatería Brighton

Tarta de chocolate

Abriunos tanto o apetito que xa só podíamos pensar en comer, polo que aproveitamos para rematar o tour e desfrutar de tempo libre pola cidade (tranquilos, que tamén mercamos regaliños hehehe)

Ata mañá 🙂

EASTBOURNE – 29 de setembro, 2017

Saúdos!!!

Hoxe pásamos a tarde nun taller de Drama no noso cole… Sabedes que teñen Drama, ou o que ven sendo Teatro, coma asignatura nos institutos? Pois sí, e a verdade é que foi moi divertido 🙂 Nada máis entrar pola porta tivemos que quitarnos os zapatos… hehehe

A profe explicounos que estas clases son moi útiles para nós, pois aprendemos a mellorar a confianza en nós mesmos, ademais de traballar en grupo e soltarnos a falar en público.

Dividímonos en grupos para facer uns xogos, como Splat ou Madamme Tussauds. Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi Honey, I love youcolocámonos todos en círculo menos un de nós, que tiña que achegarse a outro decíndolle “Honey, I love you”. Este tiña que responder “I love you too, but I can just smile” sen rirse, senón quedaba eliminado. Foi moi divertido, rímonos a rachar e descubrimos grandes talentos: Abraham, Marco, Carla A., Aurelio,…!! De aquí aos Oscar 😛

Tamén xogamos a Freeze: en equipos, tiñamos que representar unha imaxe escollida pola profe. Aínda que o pareza, non foi nada fácil!! 😛

Climbing a mountain

Parachuting

Rafting

Safari

De tanto que nos rimos acabou por doernos a barriga 😀 😀 hahaha. Se queredes ver máis fotos podedes velas premendo aquí 🙂

Mañá temos excursión a Brighton, esperamos que non chova para poder desfrutar dun día tan xenial como o de Londres 😀

Xa sabedes que podedes deixar os vosos comentarios no blog, botámosvos en falta!! Bicos a todos!!

Xandra e Uxía

EASTBOURNE – 28 de setembro, 2017

Hey there!

Hoxe pola mañá, algúns tivemos clase de cociña no insti, algo totalmente novo para nós… teñen cociñas para os alumnos do cole!!! Tocounos facer unha pizza… ñammmmmm!!

cooking-lesson

A actividade que tivemos hoxe pola tarde foi moi guai: un Selfie Challenge polo centro de Eastbourne!! Serviunos para coñecer mellor a cidade e botarnos unhas boas risas 😀 O local leader deunos unha lista con diferentes cousas, e tiñamos que sacar unha selfie con cada unha delas!!! Gañaría o mellor equipo!!!

01-selfie-challenge-blog

Algunhas das fotos que tivemos que sacar foron cun home calvo cun boli na man…

01-selfie-bald-man

Acompañados de polis…

03-selfie-police-officers 

Con flores…

07-selfie-flowers-4-blog

Unha moza cunha cara graciosa…

10-selfie-funny-face

Vaia, un montón de cousas!! Pasámolo moi ben 😀 Aquí tedes o enlace para ver o resto de selfies 😛

Ademais, hoxe tamén era a Shopping Night de Eastbourne. Había DJs e descontos no centro comercial, polo que alargamos a nosa xornada un pouquiño para poder desfrutar desto 🙂

shopping-night-1

Para variar, algúns remataron no Primark e mercando quentiños pixamas para o inverno en Hogwarts 😀

shopping-night-4

Esperemos que vos gusten as nosas fotos do Selfie Challenge!! E xa sabedes, non cobran por comentar… hehehe 😀 😀

Xandra e Uxía