EASTBOURNE – 26 de setembro, 2017

Aquí retransmitindo dende Eastbourne!!

Hoxe tivemos unha tarde typically British, ao saír de clase fumos tomar o cream tea das cinco!! Os scone (tipicos pasteliños para acompañar o te) estaban deliciosos coa manteiga, a marmelada e a Clotted Cream… mmmmmm 😛

01-cream-tea 02-cream-tea 03-cream-tea

Xa somos todos uns expertos en British etiquette: sabemos todo o necesario para que nos inviten a tomar o próximo te en Buckingham Palace con Will e Kate hehehehe 😀

04-cream-tea 05-cream-tea

Para variar, algúns de nós rematamos o día pasando polo Primark antes de coller o bus para casa. Cada día atopamos cousas que nos gustan máis, queremos que abran un en Vigo xa! hahahaha 😀

06-cream-tea

Agora toca xa descansar, vémonos mañá amigos!!

Xandra e Uxía.

2 pensamientos en “EASTBOURNE – 26 de setembro, 2017

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *