EASTBOURNE 2017 – 22 de setembro, 2017

Boas noites, queridos lectores!!

Hoxe foi un día mooooooi longo, aínda que pagou a pena! Pola mañá participamos nunha camiñada solidaria polo countryside de Eastbourne:

01-esperando-para-salir-de-caminata

Cada ano, a Willingdon School organiza este paseo para recadar fondos, a causa escollida para este curso foi axudar aos nenos enfermiños de cáncer. Participamos todos os estudantes e profes da escola.

02-de-caminata 03-de-caminata

O “paseíño” foi de case 20km!! Estivemos camiñando unhas catro horas, pero co bonita que era a paisaxe sen dúbida pagou a pena!!

04-de-caminata 06-descanso-lunch 08-casi-al-final

Algúns dos nosos compis ingleses fixeron o percorrido disfrazados e ademáis levaban musicote para amenizar o traxecto, mirade aquí!!!. Nós, como podedes ver, prefirimos ir vestidos de Vigo en Inglés mentres nolo permitiu o tempo!!! 😛

07-mario

Ao final do camiño esperábanos unha grata recompensa: burgers e hot dogs para todos no cole!! Todo súper rico, despois de tantos km caíasenos a baba!!! 😀

09-recompensa 10-recompensa

Esperamos non ter demasiadas maniotas mañá, porque nos agarda outro día intenso: temos excursión a Londres!!

Se volvemos ímosvos contando, aínda que igual quedamos alá!!! 😛

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *