EASTBOURNE – 21 de setembro, 2017

Aquí estamos outra vez para os nosos queridos lectores!!

Hoxe foi un día diferente. Aínda que pola mañá fumos a clase como todos os días, pola tarde a música de Ben Rusell And The Charmes trasladounos ata Jamaica grazas ao seu concerto de reggae 😉

01-concierto-blog 02-concierto-blog

Tivemos un concerto case privado, foi xenial!! Puidemos bailar, cantar, e incluso sacar unha foto cos artistas!! 😉

03-concierto-blog

A tarde foi moi longa. Puidemos tamén xogar ao tenis de mesa nas instalacións do cole, charlar cos nosos compis e pasar un bo rato todos xuntos! 😀

04-concierto-blog 05-pin-pong 06-after-party 06-after-party

 

Mañá agárdanos un día duro, gardaremos forzas para contarvos!

Xandra e Uxía

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *