ENNISTYMON 8/10 – Último día e excursión a Galway

E chegou o día, familias!

O tempo voa e máis aínda cando o estamos a pasar ben. Parece que foi onte cando chegamos e xa pasaron 3 semanas!

Aínda que a moitos e a moitas nos gustaría quedar uns días máis por aquí, non nos queda máis remedio que facer as maletas. Pero antes diso quixemos despedirnos de Irlanda por todo o alto visitando a fermosa cidade de Galway.

na-catedral-de-galway-copia

Diante da catedral de Galway.

Orixinalmente foi unha pequena vila mariñeira, pero hoxe en día é a cidade máis importante do oeste de Irlanda. É coñecida pola súa vibrante vida comercial e cultural, así como por acoller unha importante poboación universitaria.

O bulir incansable da xente parece que se ve animado polas rápidas melodías de música tradicional que se poden escoitar en cada recanto das rúas principais, ateigadas de tendas, cafeterías e comercios.

no-spanish-arch

Grupal no Spanish Arch.

Tivemos ocasión de facer compras pero tamén de visitar lugares emblemáticos da cidade como o Spanish Arch, que conforma os únicos restos que se conservan da antiga muralla da cidade. Logo fixemos unha pequena parada en Salthill, unha vila costeira preto de Galway. Finalmente, ao chegar a Ennistymon recolléronnos as familias para pasar con elas a que será a última tarde con elas.

Despedímonos ata mañá, que será un día longo día de viaxe de volta a casa e cargado de emocións. Vémonos en persoa nunhas horas, familias. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Un saúdo agarimoso de Eva, Paloma e Antonio. 🙂

ENNISTYMON 6/10 – Show e lasertag

Boas, familias!

Hoxe chegou o día para o que nos estivemos a preparar durante estas semanas. É o día do show! Ás dúas reunímonos con representantes e alumnos dos tres centros educativos na antiga igrexa protestante de Ennistymon (hoxe en día empregada como salón de actos) e deu comezo o concerto e o acto de despedida destas 3 semanas tan especiais.

Empezou con actuacións dos alumnos irlandeses (tanto vocais como instrumentais) e despois tocounos a nós saír á pista. Primeiro fixemos o baile e logo cantamos a canción My Lovely Rose of Clare. 

na-actuacion

Durante o baile.

Despois Mary, a nosa coordinadora local, fixo entrega do premio á mellor fotografía tomada durante a xornada de visita aos Cliffs of Moher e o Castelo de Bunratty. A galardoada foi Kasia que levou unha placa conmemorativa (Noraboa!!).

Para rematar, a directora do Vocational dedicounos unhas emotivas palabras de despedida e remarcou o excepcional comportamento e integración que tiveron as nosas rapazas e rapaces durante a estadía nos centros: “sodes uns excepcionais embaixadores da vosa terra“.

img_2701

Todo o mundo!! (o grupo de Vigo á fronte).

Trala rigorosa foto grupal, dirixímonos ao aparcadoiro onde xa nos estaba esperando o autobús para ir a Ennis de novo. Desta vez a actividade que nos estaba a agardar era o Lasertag, un xogo que simula un combate entre persoas.

Baséase en tentar conseguir puntos disparando con pistolas láser (inofensivas) aos dispositivos receptores dos rivais, que se iluminan con luces de cores.

explicandonos-as-normas-do-xogo

Escoitando as regras do xogo.

Fixemos tres xogos (dous por equipos: verdes contra vermellos) e outro individual (todos contra todos). Pasámolo xenial!!

tede-coidado-con-nos

Posando despois do xogo.

Foi unha experiencia que nos encantou a todos e todas. Estamos desexando saber que máis cousas nos quedan por facer nos poucos días que restan antes da volta a casa.

Un saúdo e deica mañá.

Antentamente Paloma, Eva e Antonio. 🙂

ENNISTYMON 4/10 – Vigo vs. Irlanda e Bowling

Ola. Como estades??

Xa é un novo día e con el abrimos un novo capítulo da nosa aventura irlandesa. Como vos adiantamos onte, hoxe tivemos un día ben completo.

En primeiro lugar, tivo lugar un importante evento no C.B.S. O partido de fútbol Irlanda-Vigo entre os nosos rapaces e os locais. Foi durante a hora do lunch e os grupos de Scoil Mhuire e Vocational tamén foron convidados a asistir durante o encontro. E alá fomos todos e todas dispostos a animar coas nosas cores. Algúns mesmo pintamos a cara!

seareiros-do-vigo

Seareiros do Vigo á porta do CBS.

Os irlandeses levaron camisolas verdes (como non!) e os nosos brancas. Xogar fóra da casa sempre é duro, e máis aínda se chove e o campo se enche de lama, o que fai difícil correr e controlar o balón.

encontro-vigo-vs-irlanda

Durante o encontro.

Semella que os locais están máis afeitos a xogar con estas condicións do campo, polo que foron dominando o partido. Aínda así os de Vigo deron o talle e anotaron dous tantos. Finalmente o partido rematou 4-2 para os irlandeses.

durante-o-partido

Os irlandeses ameazando a área viguesa.

Tralo final do encontro volvemos ás clases e á saída fomos directos ao aparcadoiro da igrexa. Alí recolleunos o autobús para levarnos a Ennis, unha vila mediana que se atopa a 25 km de Ennistymon, e pasamos unha tarde estupenda de bowling.

paula-e-elena-posando-coas-bolas

Paula e Elena posando coas bolas.

Para algúns era a primeira vez que xogabamos, pero pouco a pouco fomos afinando a técnica e os birlos non se nos resistiron. Por suposto que non!

malena

Malena a piques de tirar.

Xa vedes que non paramos en todo o día! Mañá teremos máis cousas que vos contar. Un saúdo e deica logo. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Eva, Paloma e Antonio 🙂

ENNISTYMON 1/10 – Cliffs of Moher & Bunratty Castle

Boas!! Que tal estades, familias? Nós estupendamente, e ademais estamos desexando contarvos o que fixemos na excursión de hoxe.

Esta mañá erguémonos ben cedo e tomamos o bus de camiño ao noso primeiro destino, os Cliffs of Moher, uns cantís impresionantes que se elevan 120 m sobre o Atlántico e que se estenden ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura máxima de 214 m.

ivan-sandra-carmen-alba-javi-e-paula

Iván, Sandra, Carmen, Javi, Alba e Paula posando coa bandeira de Vigo á chegada.

As vistas dende o alto son impresionantes polo escarpado das rochas. Non é de extrañar que sexa un dos lugares máis fotografados de toda Irlanda con máis dun millón de visitantes anuais. Por sorte tivemos un día solleiro e sen nubes, polo que tamén puidemos divisar ao lonxe as Illas Aran e a baía de Galway.

breixo-alexandre-mario-antonio-ismael-marta-e-maria

Breixo, Alexandre, Mario, Antonio, Ismael, Marta e María.

Alí tamén se atopa a O’Brien’s Tower, unha torre circular de pedra construída en 1835 por orde de Sir Cornellius O’Brien. Serve de miradoiro para as moreas de turistas que acoden diariamente ao lugar. torre-obrien-maria-marta-e-paloma

o-grupo-ennistymon-o-completo-o-chegar-os-cliffs-de-moher

Todo o grupo de Ennistymon.

Despois de despedirnos destas paisaxes de postal, encamiñámonos ao Bunratty Castle, un castelo construído en 1425 e que se atopa en perfecto estado de conservación.

o-grupo-de-ennistymon2-espontaneos

Diante do castelo.

Forma parte dun parque turístico que recrea á perfección a arquitectura e o xeito de vidas tradicionais de Irlanda. Conta con granxas, tendas, muíños de auga e casas con cuberta de palla.

no-comedor-do-castelo

Escoitando as explicacións da guía.

Xa dentro do castelo, a nosa guía explicounos que foi a principal fortaleza dos O’Brien durante os séculos XVI e XVII e que a meirande parte dos mobles e elementos de decoración son tamén desa época. Conta con tres andares e catro torres con ameas. Despois tivemos tempo para percorrer o castelo de arriba a abaixo e visitar cada cuarto, torre e salón que ten. Inspeccionamos mesmo os calabozos e aprendimos que neles guindaban os presos dende 5 metros de altura!

Por último fixemos unha fugaz parada na tenda de agasallos e puxemos rumbo de volta a casa. Xa cansos, pero moi contentos despois dun día tan completo.

Mañá poderemos descansar no noso día libre coas familias. Un saúdo e manterémosvos informados.  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Eva, Paloma e Antonio. 🙂

 

ENNISTYMON 29/09 – Pasámolo “bomba”

Saúdos familias!

Esta tarde fomos de novo ao “Community Centre” e alí fixemos un xogo de animación grupal coñecido como a “Bomba”.

a-bomba-a-piques-de-estoupar

A “bomba” a piques de estoupar

Os rapaces póñense en círculo e un queda no medio. Os do círculo pasan a pelota mentres o do medio vai contando… cando chega a 30 ergue un brazo, en 40 ergue o outro e ao chegar a 50 dá unha palmada e di “bomba”. Quen teña o balón nas mans senta no chan coas pernas estiradas e o xogador ao seu carón ten que saltar por riba del… así todos ata que só quede un.

durante-o-xogo-da-bomba

Durante o xogo da “bomba”.

Despois do xogo tamén tivemos tempo para dar unha volta por Ennistymon e facer algunhas compras. Ademais o tempo acompañounos e mesmo saiu unha raiola de sol!! Que máis podemos pedir??

gladys-alba-liliana-andrea-e-martin

Gladys, Alba, Liliana e Andrea.

Sempre que imos de paseo pola vila non podemos evitar chamar a atención alá onde imos. E non só porque sexamos 25 mozos e mozas sempre xuntos, senón porque vos somos moi falangueiros e estamos afeitos a parolar cun ton moito máis alto que o dos irlandeses.

Aínda así, non semella que isto sexa un problema para os locais. Sónchevos xente moi amable e non é raro que nos paren e se poñan a falar con nós.

paseando-por-ennistymon

Polas rúas de Ennistymon.

Deica mañá e un saúdo de Eva, Paloma e Antonio! 🙂

ENNISTYMON 26/09 – Día de bádminton

Despois dunha fin de semana de intensa actividade o sábado e de relaxación coas familias o domingo, toca comezar unha nova semana. E que mellor xeito de facelo que activando o corpo cun pouco de exercicio físico?

Tralas clases fomos todos ao “Community Centre” e comezamos a xogar ao bádminton!

partidos-simultaneos

Partidos simultáneos de bádminton.

Formamos parellas e os partidos fóronse sucedendo. Non o ides crer, pero o nivel de competición e entrega foi incrible!! Cada punto conta e todos loitaron por gañar.

foto-de-grupo-cos-monitoresismael-e-alex-xogando-a-badminton

posando-coas-raquetas

As rapazas posando coas raquetas.

Logo de rematar e dalo todo no xogo, estivemos moito máis relaxados e as familias viñeron puntuais para recollernos. Estamos impacientes por ver que cousas nos esperan mañá por facer. Un saúdo e deica logo!!  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Paloma, Eva e Antonio

ENNISTYMON 21/09 – Terceiro día

Saúdos de novo dende a illa Esmeralda!

Aínda que o día amenceu gris e ventando (como non podía ser doutro xeito na terra da choiva), chegamos ás clases animados e dispostos a aprender e participar. Os nosos “buddies” axúdannos moito e cada vez levámonos mellor cos nosos novos amigos irlandeses. Pouco a pouco ímonos adaptando ás rutinas locais e os horarios, que son un pouco diferentes dos nosos.

os-rapaces-da-vocational

Os moz@s da Vocational diante do centro.

Para moitos de nós foi unha grata sorpresa descubrir que podemos seguir as leccións sen problema (mesmo as de matemáticas!).

Tralas clases fomos ao “Community Centre” da vila, onde nos estaba agardando Patrick para iniciarnos na música e nos bailes de Irlanda.

before-dancingo-grupo-con-patrick

Axiña nos cambiamos de roupa e xa estabamos preparad@s para bailar. Patrick ensinounos os pasos e en pouco tempo xa pareciamos auténticos bailaríns irlandeses.

irish-music-and-dancing

Practicando os pasos.

martin-vicente-on-fire

Hoxe en Irlanda, mañá en Broadway!

Despois do baile tamén tivemos ocasión de escoitar e cantar unha canción tradicional irlandesa titulada “My Lovely Rose of Clare“. Abaixo deixámosvos a letra e a música!

singing-my-lovely-rose-of-clare

Cantando “My Lovely Rose of Clare”.

Chorus
Oh My Lovely Rose of Clare
you’re the sweetest girl I know
the queen of all the roses
and the pretty flowers that grow
you are the sunshine of my life
so beautiful and fair
and I will always love you
my lovely rose of Clare

Oh the sun it shines out like a jewel
on the lovely hills of Clare
as I walked along with my sweet love
one evening at the fair
her eyes they shone like silver streams
her long and golden hair
and I have won the heart of one
my Lovely Rose of Clare

As we walked down by the riverbank
watched the Shannon flowing by
and listening to the nightingale
sing songs for you and I
and to bid farewell
to all so true and fair
for I have won the heart of one
my Lovely Rose of Clare

Un saúdo e manterémosvos informados!! 🙂