ENNISTYMON 1/10 – Cliffs of Moher & Bunratty Castle

Boas!! Que tal estades, familias? Nós estupendamente, e ademais estamos desexando contarvos o que fixemos na excursión de hoxe.

Esta mañá erguémonos ben cedo e tomamos o bus de camiño ao noso primeiro destino, os Cliffs of Moher, uns cantís impresionantes que se elevan 120 m sobre o Atlántico e que se estenden ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura máxima de 214 m.

ivan-sandra-carmen-alba-javi-e-paula

Iván, Sandra, Carmen, Javi, Alba e Paula posando coa bandeira de Vigo á chegada.

As vistas dende o alto son impresionantes polo escarpado das rochas. Non é de extrañar que sexa un dos lugares máis fotografados de toda Irlanda con máis dun millón de visitantes anuais. Por sorte tivemos un día solleiro e sen nubes, polo que tamén puidemos divisar ao lonxe as Illas Aran e a baía de Galway.

breixo-alexandre-mario-antonio-ismael-marta-e-maria

Breixo, Alexandre, Mario, Antonio, Ismael, Marta e María.

Alí tamén se atopa a O’Brien’s Tower, unha torre circular de pedra construída en 1835 por orde de Sir Cornellius O’Brien. Serve de miradoiro para as moreas de turistas que acoden diariamente ao lugar. torre-obrien-maria-marta-e-paloma

o-grupo-ennistymon-o-completo-o-chegar-os-cliffs-de-moher

Todo o grupo de Ennistymon.

Despois de despedirnos destas paisaxes de postal, encamiñámonos ao Bunratty Castle, un castelo construído en 1425 e que se atopa en perfecto estado de conservación.

o-grupo-de-ennistymon2-espontaneos

Diante do castelo.

Forma parte dun parque turístico que recrea á perfección a arquitectura e o xeito de vidas tradicionais de Irlanda. Conta con granxas, tendas, muíños de auga e casas con cuberta de palla.

no-comedor-do-castelo

Escoitando as explicacións da guía.

Xa dentro do castelo, a nosa guía explicounos que foi a principal fortaleza dos O’Brien durante os séculos XVI e XVII e que a meirande parte dos mobles e elementos de decoración son tamén desa época. Conta con tres andares e catro torres con ameas. Despois tivemos tempo para percorrer o castelo de arriba a abaixo e visitar cada cuarto, torre e salón que ten. Inspeccionamos mesmo os calabozos e aprendimos que neles guindaban os presos dende 5 metros de altura!

Por último fixemos unha fugaz parada na tenda de agasallos e puxemos rumbo de volta a casa. Xa cansos, pero moi contentos despois dun día tan completo.

Mañá poderemos descansar no noso día libre coas familias. Un saúdo e manterémosvos informados.  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Eva, Paloma e Antonio. 🙂

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *