ENNISTYMON 6/10 – Show e lasertag

Boas, familias!

Hoxe chegou o día para o que nos estivemos a preparar durante estas semanas. É o día do show! Ás dúas reunímonos con representantes e alumnos dos tres centros educativos na antiga igrexa protestante de Ennistymon (hoxe en día empregada como salón de actos) e deu comezo o concerto e o acto de despedida destas 3 semanas tan especiais.

Empezou con actuacións dos alumnos irlandeses (tanto vocais como instrumentais) e despois tocounos a nós saír á pista. Primeiro fixemos o baile e logo cantamos a canción My Lovely Rose of Clare. 

na-actuacion

Durante o baile.

Despois Mary, a nosa coordinadora local, fixo entrega do premio á mellor fotografía tomada durante a xornada de visita aos Cliffs of Moher e o Castelo de Bunratty. A galardoada foi Kasia que levou unha placa conmemorativa (Noraboa!!).

Para rematar, a directora do Vocational dedicounos unhas emotivas palabras de despedida e remarcou o excepcional comportamento e integración que tiveron as nosas rapazas e rapaces durante a estadía nos centros: “sodes uns excepcionais embaixadores da vosa terra“.

img_2701

Todo o mundo!! (o grupo de Vigo á fronte).

Trala rigorosa foto grupal, dirixímonos ao aparcadoiro onde xa nos estaba esperando o autobús para ir a Ennis de novo. Desta vez a actividade que nos estaba a agardar era o Lasertag, un xogo que simula un combate entre persoas.

Baséase en tentar conseguir puntos disparando con pistolas láser (inofensivas) aos dispositivos receptores dos rivais, que se iluminan con luces de cores.

explicandonos-as-normas-do-xogo

Escoitando as regras do xogo.

Fixemos tres xogos (dous por equipos: verdes contra vermellos) e outro individual (todos contra todos). Pasámolo xenial!!

tede-coidado-con-nos

Posando despois do xogo.

Foi unha experiencia que nos encantou a todos e todas. Estamos desexando saber que máis cousas nos quedan por facer nos poucos días que restan antes da volta a casa.

Un saúdo e deica mañá.

Antentamente Paloma, Eva e Antonio. 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *