ENNISTYMON 4/10 – Vigo vs. Irlanda e Bowling

Ola. Como estades??

Xa é un novo día e con el abrimos un novo capítulo da nosa aventura irlandesa. Como vos adiantamos onte, hoxe tivemos un día ben completo.

En primeiro lugar, tivo lugar un importante evento no C.B.S. O partido de fútbol Irlanda-Vigo entre os nosos rapaces e os locais. Foi durante a hora do lunch e os grupos de Scoil Mhuire e Vocational tamén foron convidados a asistir durante o encontro. E alá fomos todos e todas dispostos a animar coas nosas cores. Algúns mesmo pintamos a cara!

seareiros-do-vigo

Seareiros do Vigo á porta do CBS.

Os irlandeses levaron camisolas verdes (como non!) e os nosos brancas. Xogar fóra da casa sempre é duro, e máis aínda se chove e o campo se enche de lama, o que fai difícil correr e controlar o balón.

encontro-vigo-vs-irlanda

Durante o encontro.

Semella que os locais están máis afeitos a xogar con estas condicións do campo, polo que foron dominando o partido. Aínda así os de Vigo deron o talle e anotaron dous tantos. Finalmente o partido rematou 4-2 para os irlandeses.

durante-o-partido

Os irlandeses ameazando a área viguesa.

Tralo final do encontro volvemos ás clases e á saída fomos directos ao aparcadoiro da igrexa. Alí recolleunos o autobús para levarnos a Ennis, unha vila mediana que se atopa a 25 km de Ennistymon, e pasamos unha tarde estupenda de bowling.

paula-e-elena-posando-coas-bolas

Paula e Elena posando coas bolas.

Para algúns era a primeira vez que xogabamos, pero pouco a pouco fomos afinando a técnica e os birlos non se nos resistiron. Por suposto que non!

malena

Malena a piques de tirar.

Xa vedes que non paramos en todo o día! Mañá teremos máis cousas que vos contar. Un saúdo e deica logo. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Eva, Paloma e Antonio 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *