ENNISTYMON 29/09 – Pasámolo “bomba”

Saúdos familias!

Esta tarde fomos de novo ao “Community Centre” e alí fixemos un xogo de animación grupal coñecido como a “Bomba”.

a-bomba-a-piques-de-estoupar

A “bomba” a piques de estoupar

Os rapaces póñense en círculo e un queda no medio. Os do círculo pasan a pelota mentres o do medio vai contando… cando chega a 30 ergue un brazo, en 40 ergue o outro e ao chegar a 50 dá unha palmada e di “bomba”. Quen teña o balón nas mans senta no chan coas pernas estiradas e o xogador ao seu carón ten que saltar por riba del… así todos ata que só quede un.

durante-o-xogo-da-bomba

Durante o xogo da “bomba”.

Despois do xogo tamén tivemos tempo para dar unha volta por Ennistymon e facer algunhas compras. Ademais o tempo acompañounos e mesmo saiu unha raiola de sol!! Que máis podemos pedir??

gladys-alba-liliana-andrea-e-martin

Gladys, Alba, Liliana e Andrea.

Sempre que imos de paseo pola vila non podemos evitar chamar a atención alá onde imos. E non só porque sexamos 25 mozos e mozas sempre xuntos, senón porque vos somos moi falangueiros e estamos afeitos a parolar cun ton moito máis alto que o dos irlandeses.

Aínda así, non semella que isto sexa un problema para os locais. Sónchevos xente moi amable e non é raro que nos paren e se poñan a falar con nós.

paseando-por-ennistymon

Polas rúas de Ennistymon.

Deica mañá e un saúdo de Eva, Paloma e Antonio! 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *