ENNISTYMON 8/10 – Último día e excursión a Galway

E chegou o día, familias!

O tempo voa e máis aínda cando o estamos a pasar ben. Parece que foi onte cando chegamos e xa pasaron 3 semanas!

Aínda que a moitos e a moitas nos gustaría quedar uns días máis por aquí, non nos queda máis remedio que facer as maletas. Pero antes diso quixemos despedirnos de Irlanda por todo o alto visitando a fermosa cidade de Galway.

na-catedral-de-galway-copia

Diante da catedral de Galway.

Orixinalmente foi unha pequena vila mariñeira, pero hoxe en día é a cidade máis importante do oeste de Irlanda. É coñecida pola súa vibrante vida comercial e cultural, así como por acoller unha importante poboación universitaria.

O bulir incansable da xente parece que se ve animado polas rápidas melodías de música tradicional que se poden escoitar en cada recanto das rúas principais, ateigadas de tendas, cafeterías e comercios.

no-spanish-arch

Grupal no Spanish Arch.

Tivemos ocasión de facer compras pero tamén de visitar lugares emblemáticos da cidade como o Spanish Arch, que conforma os únicos restos que se conservan da antiga muralla da cidade. Logo fixemos unha pequena parada en Salthill, unha vila costeira preto de Galway. Finalmente, ao chegar a Ennistymon recolléronnos as familias para pasar con elas a que será a última tarde con elas.

Despedímonos ata mañá, que será un día longo día de viaxe de volta a casa e cargado de emocións. Vémonos en persoa nunhas horas, familias. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Un saúdo agarimoso de Eva, Paloma e Antonio. 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *