ENNYSTIMON 7/10 – Photo Rallie e Burger Farewell

Onte foi un día de despedidas. Os grupos dixeron adeus nos seus respectivos colexios. Houbo quen soltou algunha que outra bágoa por aquelo da separación. Foron tres semanas moi intensas e estamos todos un pouco tristes por ter que deixar atrás a nosa vida irlandesa. Pero é o que toca e hai que pasalo. O lado bo é que os vosos fillos están a botarvos de menos e seguro que tamén se alegran moito de ter que voltar á casa.

E como vos dicía aparte de despedidas, foi un día de sorpresas. En primeiro lugar porque Liliana, quedou terceira no concurso de fotografía que se organizaba na súa escola. E cando foi a recoller seu premio, atoupou con que o que acababa de gañar non era outra cousa que unha tablet! NORABOA LILIANA!

Liliana recibindo o premio

En segundo lugar, os monitores tiñámoslle preparada unha actividade por Ennistymon. Consistía nunha serie de probas das que tiñan que deixar constancia mediante fotografías: sacar unha foto cun maior de sesenta anos, representar o famoso “Dinoseto” de Vigo diante da escola C. B. S, realizar todos ó mesmo tempo o pino diante do supermercado…etc….O equipo que máis puntos gañara, obtería un pequeno obsequio sorpresa. Houbo comptetividade, creatividade e ganas de gañar. Ó final foi o equipo liderado por Antonio o que alcanzou a victoria.

My Lovely Rose of Clare Escribindo "Post Office" coas mans

E en terceiro lugar, houbo unha pequena celebración de despedida. Na hamburguesería Franco’s estaban esperándonos para servirnos a todos  hamburguesas e patacas fritas. Tras recoller noso pedido, dirixímonos á beira do río a comer e a realiza unha pequena entrega de premios a modo de colofón final. Os afortunados foron:

  • Na categoría do máis apreciado ou apreciada polos compañeiros: Alexandre e Sandra.
  • Na categoría de mellor integrada/o  no centro irlandés (tamén escollida/o polo grupo): Alba Cernadas.
  • Na categoría de máis participación nas actividades: Martín Vicente.
  • Na categoría de mellor nota no test final de nivel de inglés: Gladys.
  • Na categoría de mellor cuadernillo: María.

Dándolle o premio a María

Xa queda menos….agora case case!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *