Prestatyn, 23.9- Liverpool trip!

Boas a todos!

Estrenamos as excursións dun día indo a nada máis e nada menos que Liverpool! Saímos de Prestatyn ben cedo pola mañá para poder desfrutar ben da cidade, e ás nove xa estabamos rumbo a ela para poder ver todo o que nos tiña que ofrecer. En primeiro lugar, visitamos o Liverpool Museum, que os estudiantes recorreron enteiro. Probaron as súas dotes interpretativas cun karaoke no que cantaron a famosa canción de “Yellow Submarine” dos Beatles, puideron saber un pouco máis da historia y das personaxes célebres da cidade e mesmo algún mercou algún souvenir antes de marchar. 26-liverpool-museum 3-liverpool-museum 4-liverpool-museum

Ademais, tivemos a oportunidade de escoller entre outros tres museos (o de arte, o da esclavitude e o marítimo), para facer unha segunda visita máis pequena antes de seguir descubrindo Liverpool. Despois desta visita cultural inicial, diriximos os nosos pasos a Liverpool One, a rúa máis comercial da cidade. Podemos dicir que o tempo invertido nela foi ben empregado. A tenda oficial do Liverpool FC quedou vista e ben vista!

Como Liverpool tiña moito que nos contar, decidimos encamiñar os nosos pasos á rúa onde está The Cavern, o primeiro pub no que tocaban os Beatles antes de facerse mundialmente famosos. Puidemos comprobar que a rúa estaba practicamente dedicada ao cuarteto e pasear por calles con bares e tendas dedicadas a eles.

14-the-cavern11-lennons-bar

Finalmente, logo da lunch time, fixemos un último esforzo por subir ver a catedral de Liverpool. E ben pagou a pena! Os alumnos sacaron fotos e desfrutaron dun día completo pero cansado. Menos mal que mañá é domingo!

16-liverpool-cathedral 25-liverpool

Prestatyn, 22.9- Conwy Castle

Ola de novo!

Xa comezou a fin de semana e despedimos estes primeiros días cunha xornada do máis completa. Pola mañá, coma sempre, os rapaces tiveron que ir ao instituto cos seus buddies. A rutina da mañá veuse hoxe interrumpida pola celebración (un día tarde, todo hai que dicilo) do cumpreanos dunha das nosas estudiantes de intercambio, Carmen. Non todos os días se cumpren quince anos en Gales, así que non nos podíamos esquecer da tarta de rigor para felicitala!

 8-cumpleanos-carmen

Logo dunha mañá con tarta de chocolate incluída, collimos a carretera para achegarnos a Conwy Castle, un castelo do século XIII construído por Eduardo I. Alí, os rapaces puideron pasear polos pasillos de pedra, polos xardíns e mesmo subir ás catro torres do castelo, que permiten ter unha vista estupenda da vila de Conwy e do estuario ao lado do que se atopa.

1-foto-grupal-el-conwy-castle 7-vistas-de-conwy-castle

Logo da visita, tocou voltar a Prestatyn, Rhyl e Meliden para deixar aos alumnos nas súas casas. Precisan descanso logo destes días de adaptación ao novo medio, xa que mañá teñen unha excursión que os levará a Liverpool pasar o día. Noraboa a todos por ter superado este primeiro período de adaptación e a pola fin de semana!

 

Prestatyn, 21.9 – Spanish Club e tarde de bolera!

Boas de novo!

Hoxe os alumnos e alumnas de intercambio tiveron outro día ocupado en Prestatyn. Pola mañá, como é mandado, todos foron ao instituto e asistiron ás clases dos seus buddies. A mañá pasou tranquila, con clase de español incluída e compartida entre os alumnos galegos e os galeses, mentras continúan a descubrir asignaturas novas que non teñen nos seus colexios de Vigo como Galés ou Business.

Ademais, ao ser xoves, dúas afortunadas estudiantes de intercambio puideron participar no Spanish Club, a clase para os alumnos de español principantes. Sen dúbida, ter dúas falantes nativas do idioma resultou interesante para o resto da aula, que puido aproveitar a súa presenza e charlar un rato con elas. Á mesma hora que tiña lugar o Spanish Club estaban o resto dos alumnos que non participaban del desfrutando das Sports Activities que ofrece o centro. Hoxe tocou xogar un pouco a deportes de raqueta como o squash, ao ping pong e ao badminton.

Rematadas as actividades do centro, dirixímonos á bolera a desfrutar da actividade programada para a tarde. Menuda odisea chegar ata o sitio! Coa carretera cortada e os buses sen poder pasar pola parada, tardamos máis do esperado ata que os alumnos puideron desfrutar do xogo e afinar a súa puntería. Houbo máis dun pleno, así que podemos dicir que o resultado foi exitoso sen ningunha clase de dúbida.4-prestatyn-bolera 6-prestatyn-bolera 12-prestatyn-bolera 17-prestatyn-bolera

Mañá espéranos outra xornada de clase pero con outras perspectivas, xa que temos  a fin de semana a volta da esquina, cunha excursión programada para tarde do venres a Conwy Castle e outra a Liverpool o sábado! Seguro que vos temos moito que contar!

Prestatyn, 20.9 – Conocendo a cidade

Boas, amigos e familia!

Que día máis ocupado o de hoxe! A xornada comezaba coa chegada dos alumnos de intercambio ao Prestatyn High School. Estaban nerviosos e expectantes por coñecer aos seus “buddies”, os compañeiros galeses que se encargarán de guialos polo instituto estas tres semanas. Antes da esperada presentación, fomos recibidos por Mr. Hall, o subdirector, e por Ms. Vick, a profesora de español e francés que será quen nos guíe e axude xunto con Karen e Kath a resolver calquera dúbida que teñamos!

Por fin, cada un dos rapaces soubo quen era o seu buddy e que asignaturas ían ter esa semana, así que non lles quedou outra que comezar a xornada lectiva! Tiveron a oportunidade de ver que dan en Matemáticas, Inglés ou Ciencias os alumnos do Year 11. Ademais, algúns puideron coñecer asignaturas novas como Animal Care (coidado de animais) e facer cousas na aula moi alonxadas das que están afeitos!

Ao remate da xornada académica, os alumnos tiveron unha pequena reunión con Karen, encargada de resolver todo o relativo ao instituto. Hoxe tocou explicar, entre outras cousas, que buses e a que hora debemos coller cada un de nós para chegar puntuais ao centro. Logo desta pequena charla, tocaba a actividade da tarde: un pequeno xogo grupal de orientación por Prestatyn que todos os alumnos completaron sen ningún problema. Superamos o primeiro día sen maiores contratempos e xa estamos preparados para movernos pola cidade! A polo segundo!

9-paseo-por-prestatyn 4-paseo-por-prestatyn