Prestatyn, 21.9 – Spanish Club e tarde de bolera!

Boas de novo!

Hoxe os alumnos e alumnas de intercambio tiveron outro día ocupado en Prestatyn. Pola mañá, como é mandado, todos foron ao instituto e asistiron ás clases dos seus buddies. A mañá pasou tranquila, con clase de español incluída e compartida entre os alumnos galegos e os galeses, mentras continúan a descubrir asignaturas novas que non teñen nos seus colexios de Vigo como Galés ou Business.

Ademais, ao ser xoves, dúas afortunadas estudiantes de intercambio puideron participar no Spanish Club, a clase para os alumnos de español principantes. Sen dúbida, ter dúas falantes nativas do idioma resultou interesante para o resto da aula, que puido aproveitar a súa presenza e charlar un rato con elas. Á mesma hora que tiña lugar o Spanish Club estaban o resto dos alumnos que non participaban del desfrutando das Sports Activities que ofrece o centro. Hoxe tocou xogar un pouco a deportes de raqueta como o squash, ao ping pong e ao badminton.

Rematadas as actividades do centro, dirixímonos á bolera a desfrutar da actividade programada para a tarde. Menuda odisea chegar ata o sitio! Coa carretera cortada e os buses sen poder pasar pola parada, tardamos máis do esperado ata que os alumnos puideron desfrutar do xogo e afinar a súa puntería. Houbo máis dun pleno, así que podemos dicir que o resultado foi exitoso sen ningunha clase de dúbida.4-prestatyn-bolera 6-prestatyn-bolera 12-prestatyn-bolera 17-prestatyn-bolera

Mañá espéranos outra xornada de clase pero con outras perspectivas, xa que temos  a fin de semana a volta da esquina, cunha excursión programada para tarde do venres a Conwy Castle e outra a Liverpool o sábado! Seguro que vos temos moito que contar!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *