Prestatyn, 20.9 – Conocendo a cidade

Boas, amigos e familia!

Que día máis ocupado o de hoxe! A xornada comezaba coa chegada dos alumnos de intercambio ao Prestatyn High School. Estaban nerviosos e expectantes por coñecer aos seus “buddies”, os compañeiros galeses que se encargarán de guialos polo instituto estas tres semanas. Antes da esperada presentación, fomos recibidos por Mr. Hall, o subdirector, e por Ms. Vick, a profesora de español e francés que será quen nos guíe e axude xunto con Karen e Kath a resolver calquera dúbida que teñamos!

Por fin, cada un dos rapaces soubo quen era o seu buddy e que asignaturas ían ter esa semana, así que non lles quedou outra que comezar a xornada lectiva! Tiveron a oportunidade de ver que dan en Matemáticas, Inglés ou Ciencias os alumnos do Year 11. Ademais, algúns puideron coñecer asignaturas novas como Animal Care (coidado de animais) e facer cousas na aula moi alonxadas das que están afeitos!

Ao remate da xornada académica, os alumnos tiveron unha pequena reunión con Karen, encargada de resolver todo o relativo ao instituto. Hoxe tocou explicar, entre outras cousas, que buses e a que hora debemos coller cada un de nós para chegar puntuais ao centro. Logo desta pequena charla, tocaba a actividade da tarde: un pequeno xogo grupal de orientación por Prestatyn que todos os alumnos completaron sen ningún problema. Superamos o primeiro día sen maiores contratempos e xa estamos preparados para movernos pola cidade! A polo segundo!

9-paseo-por-prestatyn 4-paseo-por-prestatyn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *