Prestatyn, 23.9- Liverpool trip!

Boas a todos!

Estrenamos as excursións dun día indo a nada máis e nada menos que Liverpool! Saímos de Prestatyn ben cedo pola mañá para poder desfrutar ben da cidade, e ás nove xa estabamos rumbo a ela para poder ver todo o que nos tiña que ofrecer. En primeiro lugar, visitamos o Liverpool Museum, que os estudiantes recorreron enteiro. Probaron as súas dotes interpretativas cun karaoke no que cantaron a famosa canción de “Yellow Submarine” dos Beatles, puideron saber un pouco máis da historia y das personaxes célebres da cidade e mesmo algún mercou algún souvenir antes de marchar. 26-liverpool-museum 3-liverpool-museum 4-liverpool-museum

Ademais, tivemos a oportunidade de escoller entre outros tres museos (o de arte, o da esclavitude e o marítimo), para facer unha segunda visita máis pequena antes de seguir descubrindo Liverpool. Despois desta visita cultural inicial, diriximos os nosos pasos a Liverpool One, a rúa máis comercial da cidade. Podemos dicir que o tempo invertido nela foi ben empregado. A tenda oficial do Liverpool FC quedou vista e ben vista!

Como Liverpool tiña moito que nos contar, decidimos encamiñar os nosos pasos á rúa onde está The Cavern, o primeiro pub no que tocaban os Beatles antes de facerse mundialmente famosos. Puidemos comprobar que a rúa estaba practicamente dedicada ao cuarteto e pasear por calles con bares e tendas dedicadas a eles.

14-the-cavern11-lennons-bar

Finalmente, logo da lunch time, fixemos un último esforzo por subir ver a catedral de Liverpool. E ben pagou a pena! Os alumnos sacaron fotos e desfrutaron dun día completo pero cansado. Menos mal que mañá é domingo!

16-liverpool-cathedral 25-liverpool

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *