Día de deportes en Exeter!

EXETER

Comezamos outra semana máis: era luns e o día comezaba coas clases. Esperábannos máis sorpresas durante o día. Tivemos un día completo no que o profesorado nos convidou a terceira hora para participar co resto de alumnado nun obradoiro de ximnasia. Dividímonos en tres actividades: un grupo xogamos ao fútbol, outro fomos xogar ao bádminton e outro ao balón prisioneiro.

Xogando a fútbol_opt

Balón prisionero_opt

Demostramos todo o noso potencial físico ante os demais estudantes e non deixamos de disfrutar. Competimos nas modalidades e aguantamos todo o tempo xogando como as que máis! O noso pavillón non se derruba!

Lúa e Manuel xogando a bádminton_opt

Despois de tanto deporte chegou a hora da actividade da tarde! Alice veunos recoller á escola para seguir con outra tarde intensa de exercicio… na PISCINA! Tod@s co bañador posto e… “al agua patos”! Xogamos, rimos e mergullámonos como peixes.

DSCN0865_opt DSCN0856_opt

Un saúdo.

Eva, Noelia e Sandra.

Exeter: Tour por Plymouth, Hay Tor Mountains e Widecombe in the Moor

EXETER

Tocou Sábado de viaxe! Locía un espléndido sol que nos acompañou durante todo o día. A aventura comezou coma sempre reuníndonos na Central Station con Alice, que foi a que nos guiou e nos informou de todo. Desta vez collemos o autobús.

A primeira parada foi nunha paraxe impresionante dun parque natural, onde fixemos unha andaina para poder chegar a HayTor Moutains. Alí escalamos a impresionante roca, onde a xente ía coa familia ou ben escalaba.

20141206_110441_opt

Vimos ponis ao lonxe, xa que son propios desta zona e habitan libremente e salvaxes, ademais dunha impresionante vista da explanada que nos rodeaba, pertencente a Dartmoor. Contan que o granito obtido desta paraxe foi utilizado para construír a ponte de Londres.

on the rock_opt

 

Seguimos o camiño para ir a unha pequena pero encantadora aldea onde fixemos o lunch e mercamos algúns agasallos… Pais e nais, algo vos vai tocar de Widecombe-in-the-Moor! Neste lugar reúnense anualmente para organizar unha feira de compra-venda de cabalos. A aldea colápsase ese día.

DSCN0727_opt (2)

Ao rematar de comer puxemos rumbo a Plymouth, unha cidade mariñeira- esta cidade foi a zona de partida dos primeiros colonos cara aos Estados Unidos, no barco Mayflower en 1620-, cun porto impresionante que visitamos e rodeamos ata chegar de novo ao centro para poder visitar e mercar máis boas lembranzas no mercado de Nadal destes días tan sinalados.

DSCN0775_opt

DSCN0797_opt

Un saúdo

Eva, Noelia e Sandra

Cociña, ping pong, cinema… Todo en Exeter!

EXETER

Chegou o venres! Estamos ao final dunha semana moi intensa pero aínda nos queda este outro día intensoooo… Comezamos o día con clases: cada un foise co seu buddy. Pero ás 11 xuntámonos todos nas cociñas do colexio. Imos por o mandil e preparar a comida para o profesorado, o noso grupo e tod@s @s nos@s buddies. Xa quixeran os de Masterchef!!

Cociñando_opt

Preparamos unha comida típica composta de salchichas cubertas e forneadas con patacas cremosas. De sobremesa cociñamos unhas mazás asadas recubertas de queixo, fariña… e rematadas ao forno. Sempre dirixidos polo grupo de profesorado que nos apoiou e ensinou.

Isaac, Martín, André e Gonzalo cociñando_opt

Ao rematar xuntámonos cos nosos buddies para repartir a comida e gozar dun momento xunt@s, falando de típicas comidas de cada país.

comendo xuntos_opt

De tanto comer teríamos que facer algo de exercicio… Outra das profesoras convidounos ao pavillón para darnos unhas clases maxistrais de ping pong, onde argallamos axiña unha gran competición entre tod@s! Pasámolo xenial!

ping pong_opt

Pero aínda non rematou a nosa convivencia no día de hoxe! Seguimos animando aos buddies a que nos acompañen ao cinema que montamos no teatro da escola. Alí, cuns aperitivos e en gran compañía, disfrutamos da película “Gru 2. Mi villano favorito”.

CIMG2517_opt

Fin do día! Mañá tócanos ir de excursión!

Un saúdo!

Sandra, Eva e Noelia.

Cantando panxoliñas na catedral de Exeter

EXETER

Seguimos en contacto con vós nun novo día: estamos xa a xoves día catro. Tivemos un día longo de clases pero tamén puidemos rirnos un pouco e seguir traballando arreo.

CIMG2444_opt

Recollémonos hoxe máis cedo, en canto remataron as clases, e fomos a casa cear! Hoxe ceamos ás 5 da tarde… temos que habituarnos aos horarios ingleses de cea!

Hoxe temos un convite a visitar a catedral por dentro, xa que o grupo escolar de West Exe leva meses preparando un concerto de Nadal. Alí quedamos con Alice para entrar todos xuntos, xa que todo o mundo quere ir velos.

CIMG2447_opt

Algúns de nós collemos unha bebida quentiña para poder agardar na inmensa cola.

CIMG2450_opt

Dentro esperamos a que comezase o espectáculo, onde nos deleitaron con típicas panxoliñas – algunhas delas coñecémolas en español -, performances e lecturas de Nadal.

CIMG2469_opt

Todo o mundo escoita e de cando en vez aplauden moi apaixonadamente cando rematan. Levan facendo este concerto cada ano durante moito tempo e, tanto no ámbito escolar coma no familiar, involúcrase toda a poboación… As bancadas estaban ateigadas!!

DSCN0616_opt

É moi tarde, xa veñen recollernos! Ata mañá!

Saúdos.

Sandra, Noelia e Eva.