14 de outubro en Thurles: “Hasta aquí podemos leer…”

A mañá de hoxe comezou moi ben para as mozas do Presentation: fomos ver o musical do Rei León! E pensaredes vós: un musical? Nunha vila tan pequena? Pois si, e a cargo das súas compañeiras! O mellor de todo: son unhas auténticas profesionais! Tiveron un mes para preparar os decorados, a roupa, para ensaiar… e o resultado foi inmellorábel!

IMG_20151014_114802

Cal foi a nosa sorpresa cando despois dos miles e ben merecidos aplausos para as actrices a directora colleu o micro para nos despedir… e facernos subir ao escenario! Agasalláronnos cuns recordos de Irlanda e cun agarimoso aplauso. Comezaban as terríbeis despedidas!!

IMG_20151014_130042

Por outra banda, ás mozas do Coláiste Mhuire déronnos uns diplomiñas ben xeitosos como lembranza da nosa estadía no colexio.

IMG_20151014_171855

Riiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiinnnngggg!! Soou o timbre e con el chegou a fin das clases. Agora si que tocaba despedirse de verdade! Unha mistura de tristura por ter que marchar e de ledicia por volver á casa apoderouse de todas nós e, por que non dicilo, unhas cantas bágoas tamén asomaron nalgunhas das nosas tristes cariñas 🙁

IMG_20151014_155101

Ao final, xunto cos colegas do CBS e entre rotundos “pois eu non marcho”, “eu quero quedar aquí” e “que pasa se perdemos o voo de volta?”, acabamos todas a rolos polo chan nunha aperta conxunta.

IMG_20151014_171939

Ao outro lado de Thurles repetíanse as mesmas esceas, pero tamén tivemos momentos de ledicia celebrando o aniversario da Laura. Moitísimos parabéns, riquiña!

IMG-20151014-WA0019

E até aquí chegou todo, familias. Poñemos punto e final a este blog onde vos fomos relatando todas as fermosas historias que tivemos a sorte de vivir neste marabilloso país. Avisad@s quedades: volveremos! O noso romance con Irlanda non fixo máis que comezar ♥♥♥

Bicos mil!

13 de outubro: Fitness e fútbol gaélico en Thurles

As mozas do Presentation estamos abonadas ao ximnasio. E que ben o pasamos nel! Facemos pesas, máquinas, e algunhas atrevémonos ata co spagat nas alturas! Pero isto xa viña aprendido de Vigo… oxalá puidésemos aprendelo o resto nunhas horas de ximnasio 😉

IMG-20151013-WA0046

Ao outro lado da vila algunhas das rapazas do Coláiste Mhuire viñan preparadas para xogar ao hurling…

IMG_20151013_161616

… mais ao final seguimos a desenvolver as nosas habilidades de fútbol gaélico canda os rapaces do CBS.

IMG_20151013_163931

Despois de moita práctica mesmo nos aventuramos a xogar un partidiño. O resultado foi… ningún óso roto! Estamos a volvernos unhas expertas!

IMG_20151013_170951

 

Deica mañá, familias!

10 de outubro: De Thurles a Kilkenny!

Chegou a fin de semana e con ela… a nosa última viaxe en sábado! Non podemos crer que todo estea a ir taaan rápido… mais aínda queda moito por disfrutar!

Quedamos coma sempre ás 9.30 da mañá e esta vez puxemos rumbo a Kilkenny. Despois de máis ou menos unha hora no autobús disfrutando dunhas paisaxes moi semellantes ás galegas, chegamos directas ás portas do castelo.

IMG_20151010_110621

Dado que había mil cousas que facer na cidade e cada unha tiñamos as nosas preferencias, decidimos dividirnos en grupos para sacar o máximo proveito ao día: algunhas comezamos por ver o castelo, outras preferimos empezar polos seus impresionantes xardíns, outras escapamos correndo ás numerosas tendas que había na vila, outras visitamos a catedral protestante e subimos á súa torre… Iso si, todo o mundo o pasou de marabilla! E para mostra aí vos van uns cantos botóns:

IMG-20151012-WA0039 IMG-20151012-WA0040 IMG-20151012-WA0035 IMG-20151012-WA0041

E agora si… comeza a nosa última semana! Xa nos botades en falta? Se queredes podemos quedar en Thurles uns diíñas máis, as vosas fillas e fillos estarían encantadas! A ver se ningunha “queda durmida” o día de volta 😉

8 e 9 de outubro: Mens sana in corpore sano en Thurles

Para rematar a semana en Thurles seguimos a ter como máxima a tan coñecida mens sana in corpore sano, só que algunhas exercitamos a mens e outras o corpore 😉

As mozas do Coláiste Mhuire e os mozos do CBS volveron sacar a artista que levan dentro nas aulas de arts and crafts. Esta vez usaron a técnica do zentangle e non vexades a de cousas chulas que fixeron! Coa axuda dun espello debuxaron as súas siluetas… et voilá:

IMG_20151008_162231

IMG_20151009_171746

Algunhas mesmo probaron a tatuarse as mans. Tranquilas, nais e pais, que foi con boli!

IMG_20151009_163758

Mentres, no Presentation, as rapazas seguiron a poñerse en forma. O xoves disfrutaron no ximnasio, unha das súas actividades favoritas.

IMG-20151009-WA0010

E o venres… fútbol gaélico! A pesar de que en Galicia temos a nosa propia asociación e de que o noso equipo triunfa alá onde vai, temos que recoñecer que nós non somos unhas expertas no tema… polo de agora! A nosa adestradora deunos as nocións básicas e a práctica non se nos deu nada mal!

IMG-20151009-WA0032

Seguiremos a mellorar para vos sorprender ao chegar a Vigo!

Bicos, familias!

7 de outubro: Tag rugby e hurling en Thurles

Bos días desde as soleadas terras do norte!

En Thurles seguimos empeñadas en que as vosas fillas e fillos volvan en plena forma a Vigo, así que seguimos coa listaxe de deportes irlandeses. Esta vez foi a quenda do tag rugby e do hurling!

Cando as mozas do Coláiste Mhuire e os mozos do CBS souberon que ían xogar ao rugby emocionáronse un montón e puxeron as súas mellores poses. Ata nos bailaron unha haka! Quen se atrevería a enfrontarse a el@s? As monitoras non, dende logo 😉

haka 3 Haka 1

Imaxinade a decepción cando a adestradora nos dixo que iamos xogar ao tag rugby e non a rugby… A diferencia entre estes dous deportes é que no tag rugby non hai contacto, e o que as nosas feras querían era placar ao equipo rival! Despois dun intenso partido tamén houbo tempo para un par de carreiras de carretillas, aínda que a maioría estiveron máis tempo polo chan que a dúas patas 🙂

carretillas 3

Por outra banda, as rapazas do Presentation tiveron a súa primeira sesión de hurling! Puxeron os cascos, colleron cadanseus hurlies e… preparadas!!

Preparadas!!Mais o hurling non é un deporte doado. Require moooita práctica e moitas explicacións antes de podermos botar unha pachanga!

Sacamos!

Ao final a cousa déusenos bastante ben. Ímonos facer unhas expertas no tema! Se cadra antes de marchar podemos xogar un partido contra o grupo do CBS e o Coláiste Mhuire a ver quen ten a cousa máis controlada!

Moitos bicos, familias!

Pantomime en Exeter!!

EXETER

Chegou a nosa última semana en Exeter… snif snif! Cunha mestura de fatiga, tristura por marchar e emoción por voltar ás nosas casas, tocounos ir á última actividade do noso programa e, ademais, acompañad@s pol@s nos@s colegas de Tiverton: a Pantomime!! A Pantomime é un subxénero dramático de orixe inglesa baseado na comedia musical.

DSCN1342_opt

A escollida para nós foi Jack and the Beanstalk ou, como adoitamos coñecela nós, Jack y las habichuelas mágicas.

DSCN1356_opt Sigue leyendo

13 diciembre – Dende Exeter a Morwellham Quay

EXETER

Chegou o sábado e con el unha nova viaxe para seguirmos coñecendo Devon: Morwellham Quay, imos aló!

Morwellham Quay é un porto histórico que xurdiu para apoiar as minas de cobre locais durante a época Victoriana e que hoxe en día funciona como museo. Alí puidemos aprender moitas cousas sobre distintos temas:

A primeira hora visitamos o Museo do Traxe Victoriano e puidemos crear os nosos propios outfits do século XIX. Hai que dicir que estabamos ben guap@s!! Que estilaso 🙂

DSC_0059_opt

A continuación tocounos clase práctica: fixemos unha corda!! Este material foi imprescindíbel para o desenvolvemento da Inglaterra da época, xa que sen el os barcos non poderían atracar, navegar… Parecía máis sinxelo do que en realidade foi, pero o resultado non estivo nada mal!

DSCN1133_opt

Chegaba o momento máis tenso do día. @s nos@s moz@s víronse inmers@s nunha auténtica escola victoriana… Iso é disciplina e non a dos institutos do século XXI!! Escribiron, aprenderon modais, boas posturas corporais… e tamén castigos físicos!! Naquela época non se andaban con parvadas 🙂

DSCN1219_opt

Por último fixemos un percorrido en tren polas vellas minas. Que frío! Que humidade! Que angustia! Quedounos claro que este non era un traballo doado. Por sorte, non nos deron pico e pá!

DSCN1256_opt

Oooohhh, xa acabou o día! Puxemos rumbo a Exeter para descansar para outro domingo familiar.

Saúdos!

11 y 12 diciembre – Samba, photoshop, deportes… loucura en Exeter!!

   EXETER

Achéganse os últimos días da semana no medio de novas actividades preparadas especialmente para nós… somos moi sortud@s!!

O xoves unha das profesoras de música do West Exe School, Miss Taylor, agasallounos cunha sesión práctica de… Samba!! Non pensedes mal… non fixemos de bailaríns sandunguer@s, senón de músicos! Entre maracas, agogôs, tambores e un montón de instrumentos máis pasamos unha mañá do máis divertido! Ao principio aquilo soaba como para deixar xordo a calquera, para que vos imos mentir… pero acabamos sendo máis que profesionais!

CIMG2149_opt Sigue leyendo

Ledicias e tristuras en Exeter

EXETER

Xa é martes! Comezamos o día con moito amor e alegría 🙂

Marcos e Manuel siameses_opt

Despois dunha dura mañá de traballo dando o callo nas aulas chegou a hora de descubrir un novo deporte: o cage football!! Ao principio flipamos un pouco co nome… cage football?? Fútbol nunha gaiola?? Que nos van facer?! Por sorte, neste instituto trátannos tan ben que non se lles ocorreu encerrarnos en ningures… que alivio!!

Mike Barrett, un dos profesores de ximnasia, explicounos as regras: mini partidos de 2 contra 2 de 2 minutos de duración!

Explicándonos como xogar ao cage football 1_opt

E se che marcan un gol… ao banco!! Outras dúas persoas do teu equipo terán que saír defender a honra!

Silvina, Natalia, Elsa e Laura Lola e Isabel xogando ao cage football_opt

Que xogo tan divertido!! Pero como cansa… non deixamos de correr! Despois dunhas cantas partidas decidimos cambiar de escenario: parte de nós fomos ao ximnasio do lado xogar ao balón prisioneiro e o resto… á sala de máquinas! Este instituto é incrible… hai algo que non teñan??

Lola e Isabel na sala de máquinas 2_opt

Estamos mort@s con tanto exercicio, peeeeeero… aínda quedaba o máis triste! Sandra, unha das nosas monitoras, tiña que poñer rumbo a Long Stratton xunto con Hipo 🙁 Despois dunha emotiva despedida marchamos cara ás nosas casas con algunha que outra bágoa nos ollos..

O grupo despedindo a Sandra 1_opt Visitor Hipo

Querémovos, Sandra e Hipo!!

Visita institucional en Exeter e despois… boleira!!

EXETER

Comezamos un novo día diferente a todos os que levamos vividos até o de agora: recibimos a visita de Newlink e do concello!

O director, Rick Jolley, recibiu á Olga, ao Pedro e ao Chema ás dez da mañá. Despois dunha explicación sobre o instituto e o sistema educativo inglés, catro estudantes galeg@s e @s buddies correspondentes uníronse ao grupo para contarlles a súa experiencia. Foi unha charla distendida na que quedou claro que…. @s vos@s fill@s queren quedar aquí e @s ingles@s queren que queden!! Están a facer moi boas migas e se cadra aparecen o día 17 con algún buddy na maleta!

Recepción co alumnado_opt

Despois desta reunión xuntámonos co resto do grupo para que tamén el@s puidesen compartir as súas vivencias. Chema, Pedro e mais Olga preguntáronlles sobre a escola, as familias, as actividades e a experiencia en xeral e tod@s querían dar a súa opinión.

Charlando co alumnado 3_opt

O encontro estaba a ser moi proveitoso, pero chegaba á súa fin: @s visitantes tiñan que poñer rumbo a Tiverton para coñecer a outr@s estudantes!

Foto de grupo cos membros do concello e de Newlink_opt

Volvemos á nosa rutina agardando pola ansiada actividade desta tarde… a boleiraaaa!!!! Puxemos os nosos zapatos molóns e repartímonos en grupos para ocupar as pistas.

Na boleira  3_opt

Comezaba o espectáculo!! Bóla vaiiii!!! Bóla véeen!! Bolos que caen e bolos que non queren caer!!

Alicia lanzando_opt

Para moit@s de nós era o noso primeiro contacto cos bolos… e non foi tan mal! Mesmo algúns conseguimos non quedar de últim@s J

Despois de dúas partidas e unha cea americana puidemos aproveitar o resto dos xogos que había na zona recreativa. Isto é un non parar!!

Até a próxima, familias!